Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://twitter.com/empresasboirohttps://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 

 A CAMPAÑA DE NADAL DA ABE

VEN CARGADA DE PREMIOS E NOVIDADES

 

  • Sortéanse 2.000€ en bonos ABE e 4 lotes de produtos da praza de Abastos de Boiro
  • Entregaranse 2.000 bolsas aos clientes dos negocios asociados.
  • Sortéanse 3 lotes de xogos entre os cativos que escriban a carta a papa Noel ou reis magos.
  • Instalarase un photocal diante da praza de abastos.

Boiro 5 de decembro

Na mañá de hoxe o presidente da ABE , Daniel García, acompañado polo Concelleiro de comercio de Boiro, presentou a campaña de nadal da asociación que comeza hoxe e se alongará ata o 15 de xaneiro.

A patronal de Boiro ten preparado un amplo despregue de sorteos, agasallos e actividades co obxectivo de fortalecer a economía local, premiar a fidelidade dos clientes e dinamizar a localidade nestas datas tan sinaladas.

Sorteo de premios

A primeira peza da campaña será un sorteo de 2.000 € en bonos ABE e 4 lotes de produtos da praza de Abastos de Boiro, como novidade faranse 3 sorteos durante o nadal e un sorteo final o día 15 cun premio de 1.000 € para afrontar da mellor maneira a costa de xaneiro .

Sorteo 1 - día 22 decembro (Tíckets rexistrados do 5 ao 21 de decembro)

  • 1 premio de 250€
  • 1 premio de 150€
  • 1 premio de 100 €
  • 1 Lote de productos da praza de abastos
  • 1 Lote de productos da praza de abastos

Sorteo 2 - luns 8 de xaneiro (Tíckets rexistrados do 22 de decemnro ao 7 de xaneiro)

  • 1 premio de 250€
  • 1 premio de 150€
  • 1 premio de 100 €
  • 1 Lote de productos da praza de abastos
  • 1 Lote de productos da praza de abastos

Sorteo 3 - Costa de xaneiro – luns 15 (Tíckets rexistrados do 5 de decemnro ao 14 de xaneiro)

  • 1000€ único gañado

Para participar os clientes deben rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra na web da ABE. Os tíckets do 5 ao 21 de decembro participan no sorteo 1, os tíckets do 22 de decembro ao 7 de xaneiro participan no sorteo 2 e todos os tíckets do 5 de decembro ao 14 de xaneiro participan no sorteo final da costa de xaneiro do día 15.

Catálogo de premios

Recordar que todos os tíckets e facturas que se rexistren durante a campaña tamén acumulan o 10% do seu importe para cambiar por agasallos do catálogo de premios da ABE.

Regalo de bolsas de algodón orgánico de comercio xusto (Fairtrade)

En paralelo ao sorteo os negocios asociados entregarán gratuitamente aos seus clientes 2.000 bolsas de algodón orgánico, que contan coa etiqueta de comercio xusto fairtrade, serigrafiadas a dúas cores co lema da patronal, o seu xa icónico #SOMOS BOIRO

As bolsas poderanse conseguir dende hoxe mesmo ata esgotar existencias.

Que é fairtrade e porque é importante destacalo?

“El Sistema Internacional Fairtrade nace en 1997 con el propósito de asegurar medios de vida mejores y sostenibles para todos los agricultores y trabajadores, protegiendo al mismo tiempo la sostenibilidad del planeta.

Influyen en el funcionamiento del comercio mundial y a día de hoy son la certificación sostenible de productos de Comercio Justo más fiable y reconocida del mundo

“World Fair Trade Organization (WFTO) es el organismo internacional que agrupa a cerca de 400 entidades de Comercio Justo, entre las cuales está Fairtrade, repartidas en 76 países y que se encarga de velar y establecer los criterios de Comercio Justo, garantizando que sus miembros sean organizaciones que fomentan modelos de negocio en los que las personas y el planeta están en primer lugar.

El sistema WFTO es el único modelo de verificación internacional que, a través de auditorías independientes, verifica que sus miembros sean empresas que practiquen plenamente los 10 principios del Comercio Justo en sus negocios y cadenas de suministro”

Photocall e buzón real para deixar as cartas

Outra novidade importante deste ano é a instalación dun photocal e un buzón diante da praza de abastos, trátase dunha lona de mais de 2 metros na que as familias poden facerse fotos e depositar as cartas para Papa Noel e os Reis Magos.

Con todas as cartas depositadas ata o 5 de xaneiro realizarase un sorteo de 3 lotes de xogos. As cartas pódense recoller en calquera dos negocios participantes ou ben descargar e imprimir na casa dende a web da ABE.

Campaña #REGALABOIRO

Non sabes que regalar? Regala Boiro! Este é o lema da campaña de promoción dos bonos regalo ABE para este nadal. O obxectivo é que tanto os veciños como as empresas utilicen os bonos da ABE para agasallar aos seus seres queridos ou no caso das empresas utilizalos como aguinaldo de nadal.

Os bonos son unha caixa personalizada que dentro inclúe vales de compra de 5€ e un listado de mais de 200 socios da ABE onde se poden gastar.

Podes elixir de que cantidade mercas o teu bono, sempre en múltiplos de 5 €

Cando se recibe o regalo solo hai que utilizar os vales como se foran billetes en calquera dos mais de 200 negocios asociados; dende textil, calzado, deportes e regalo a alimentación, praza de abastos, hostalería e gasolineira ou mesmo servizos coma masaxes, dentista ou fotografía.

Poden mercarse nas oficinas da ABE facendo a reserva por teléfono, mail, web ou de maneira presencial.

Os bonos non teñen caducidade e o seu uso repercute no pobo.

Colaboración con Agadea

Como complemento á campaña AGADEA (Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer) regala a cada comercio participante unhas fermosas manualidades elaboradas polas persoas usuarias nos seus talleres de laborterapia.

Esta campaña ten como obxectivo colaborar na sensibilización sobre o alzheimer.

A campaña do Nadal está financiada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Boiro.