Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 A CAMPAÑA QUINCENAS FANTÁSTICAS BATE TODOS OS RECORDS DE PARTICIPACIÓN

 

  • Na primeira quincena rexistráronse 1.386 tíckets o que supón a cifra mais alta da historia da campaña.
  • Sorteáronse 500 € en vales de compra e 1 bicicleta plegable.
  • As persoas gañadoras realizaron as súas compras en Baldani Concept Store, Panadería La Espiga, Deportes Sr Balón e Paquetería Josefina.

 

Boiro 18 de xullo de 2023

 

Na mañá de hoxe, na sede da patronal de Boiro, tivo lugar o sorteo dos premios da primeira das quincenas da campaña de verán da ABE entre os 1386 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 1 e o 15 de xullo.

Os 1.386 rexistros supoñen un novo récord da campaña na primeira quincena da mesma superando os 520 da edición de 2021 e os 621 da edición de 2022, estes datos respaldan, unha vez mais, a aposta feita pola ABE na dixitalización en materia de promoción comercial e consolidan unha tendencia á alza na participación dos seus clientes nos sorteos que organiza.

Premios e premiados

 

PREMIO

PREMIADO

NEGOCIO ONDE MERCOU

250 €

FRANCISCO J. VILAS

BALDANI CONCEPT STORE

150 €

PILAR PIÑEIRO

PANADERÍA LA ESPIGA

100 €

YOLANDA FUNGUEIRIÑO

DEPORTES SR BALÓN

BICICLETA

IVAN GARCÍA

BICICLETA

 

A ABE contactará cas persoas premiadas e realizará a entrega dos premios despois do segundo sorteo xuntando aos premiados e ambas quincenas. 

Próximos sorteos

 

A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda se van sortear 500 € e 1 bici ao remate de cada unha das 3 quincenas restantes do verán (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros + a bici) e un premio especial de 1.000 e para un único agraciado no que participarán todos os rexistros do verán

 

Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE e rexistrala en www.abe.gal

 

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia

 

Sorteos cada quincena

 

Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de xullo >> sorteo o 17 de xullo

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de xullo >> sorteo o 1 de agosto

Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro

 

 

2