A CAMPAÑA QUINCENAS FANTÁSTICAS XA TEN OS PRIMEIROS GAÑADORES

 

  • Na primeira quincena rexistráronse 1699 compras.
  • Sorteáronse 500 € en vales de compra
  • As persoas gañadoras realizaron as súas compras en A Panoleta, Panadería La Espiga e Café Bar La Atlántica.

 

Boiro 1 de agosto de 2024

Na mañá de hoxe, na sede da patronal de Boiro, tivo lugar o sorteo dos premios da primeira das quincenas da campaña de verán da ABE entre os 1699 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 15 e o 31 de xullo.

Os 1.699 rexistros supoñen un novo récord da campaña respecto do mesmo período do ano pasado superando os 670 da edición de 2021, os 1.015 da edición de 2022 e os 1.581 da de 2023 que ata hoxe tiña o récord do período.

Estes datos respaldan, unha vez mais, a aposta feita pola ABE na dixitalización en materia de promoción comercial e consolidan unha tendencia á alza na participación dos seus clientes nos sorteos que organiza.

Premios e premiados

 

PREMIO

PREMIADO

NEGOCIO ONDE MERCOU

250 €

ZULEIKA PARADA

A PANOLETA

150 €

MARIBEL

PANADERÍA LA ESPIGA

100 €

CARMEN GÓMEZ

CAFÉ BAR LA ATLÁNTICA

  

A ABE contactará cas persoas premiadas e realizará a entrega dos premios despois do segundo sorteo xuntando aos premiados e ambas quincenas.

Próximos sorteos

A campaña  Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 19 de agosto e aínda se van sortear 500 € (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros)

Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE e rexistrala en www.abe.gal

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia

Sorteos cada quincena

Tíckets rexistrados do 15 ao 31 de xullo >> sorteo o 1 de agosto

Tíckets rexistrados do 1 ao 18 de agosto >> sorteo o 19 de agosto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar