Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

Na mañá de hoxe a ABE asinou un convenio de colaboración con PATRICIA GÓNZALEZ ROMERO AVOGADA que convertese en colaboradora da asociación aportando o seu coñécemete no ámbito da avogacía, en especial no ámbito do dereito mercantil.

O acordo asinado polo presidente da ABE, Daniel García, ten unha vixencia de un ano e inclúe unha primeira consulta gratuíta e un desconto, do 15% sobre o arancel oficial do colexio de avogados de A Coruña.

Esta primeira consulta e posterior desconto tamén se aplicará se un membro da ABE ten unha consulta do ámbito civil ou penal. 

Reclamación de impagos

O presidente quixo destacar que “a especialidade da xurista é a reclamación de impagos, polo que os socios e socias da ABE terán a súa disposición un novo servizo que se engade aos que xa prestabamos”

Pola banda da avogada explicou que no tocante a reclamación de impagos “estudase cada caso de maneira particular e en función dese estudo decídese implementar unha fase de recobro amistosa ou xudicial”

En virtude do convenio e para ambos casos os socixs da patronal Boirense teñen incluídos descontos respecto a tarifa oficial.