Hoxe temos unha bonita nova que trasladarvos e ten relación co premiado co sueldazo ABE da campaña de Nadal que recaeu nun cliente de Joyería Teixeira.
A persoa premiada personouse nas oficinas da ABE co seu DNI e o rasca gañador do soldo de 300 € durante 6 meses para acto seguido indicarnos que quería ceder o importe íntegro a causas benéficas.
Tras poñernos en contacto co departamento de asuntos sociais do Concello e informarlle á persoa premiada das posibilidades, foi ela mesma quen decidiu o destino dos vales de compra que serán para axudar a familias necesitadas da nosa localidade.
Dende a ABE quixémoslle dar a noraboa e parabéns por esta magnifica iniciativa e soamente nos pediu que non desvelaramos a súa identidade, cousa que faremos encantados, en recoñecemento ao xesto altruísta que tivo.
En canto ao uso do premio será utilizado igualmente nos establecementos asociados participantes a campaña de nadal pero os farán efectivos as persoas necesitadas e non a persoa premiada.
Non imaxinamos un mellor colofón a esta campaña de Nadal tan atípica e queremos poñer en valor a calidade humana da persoa agraciada que tivo este xesto tan bonito.