Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

A POUSADA DA GALIZA IMAXINARIA ÚNICA SALA DO BARBANZA QUE ACADA FONDOS NEXT GEN

 

  • O Presidente do Consello Reitor da Agadic asinou a concesión da axuda
  • A axuda tramitada pola ABE acadou unha ountuación de mais de 40 puntos
  • Os datos confirman a ABE como unha das entidades asociativas galegas con mellor porcentaxe de axudas acadadas para os seus asociados.

 

 

Boiro 06 de maio de 2022



O Presidente do Consello Reitor da Agadic ao abeiro da orde de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGeneration ven de conceder unha importante axuda para a modernización de espazos culturais á Pousada da Galiza Imaxinaria, sendo esta sala de concertos a única da comarca beneficiaria dos fondos europeos.

As axudas dirixidas a teatros, auditorios e salas tanto de xestión pública como privada foi tramitada pola ABE acandando o proxecto unha puntuación de 41,75 puntos, das mais altas de todas as presentadas.

O proxecto, que inclue a modernización dos sistemas de luces e son da sala servirá para avanzar na dixitalización deste emblemático negocio Boirense,  confirma a ABE como unha das entidades asociativas galegas con mellor porcentaxe de axudas acadadas para os seus asociados.