A ABE lanza a campaña de San Valentín cun sorteo de tres cestas saudables de produtos locais
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha unha nova campaña de promoción comercial con motivo de San Valentín, co obxectivo de premiar ás persoas que apostan polo comercio local nas súas compras durante estas datas.
Entre o 3 e o 13 de febreiro, os clientes que realicen compras nos establecementos asociados poderán participar no sorteo de tres cestas saudables, compostas de froitas variadas e produtos de tempada, rexistrando os seus tíckets ou facturas a través da aplicación dispoñible en www.abe.gal.
Unha vez máis, a ABE aposta polo uso do selo de produtos dos nosos socios, garantindo que os produtos sorteados proceden das empresas asociadas, neste caso do sector de fruterías, reforzando así o compromiso coa economía de proximidade e coa identidade local.
Esta iniciativa está plenamente aliñada coa filosofía da marca #SomosBoiro, que promove o consumo consciente, o apoio ao comercio de proximidade e a posta en valor do tecido económico local como motor de cohesión social e desenvolvemento.
O sorteo celebrarase o 13 de febreiro ás 9:00 horas, e os premiados serán contactados para recoller o premio ese mesmo día, podendo así sorprender con agasallos a quen máis queren.