ABE E CONCELLO ORGANIZAN A FESTA DESPEDIDA DO VERÁN
- Os comercios asociados a patronal Boirense ofrecerán centos de produtos a prezos de liquidación durante toda a fin de semana
- Repartirán gratuitamente aos seus clientes 2.000 bolsas de algodón e a ABE sortea a través da súa aplicación de rexistro de tíckets 5 premios consistentes en 1 carro da compra e 50€ en bonos ABE.
- Na praza de Galicia estarán instaladas unha serie de atraccións infantís as que se pode acceder con invitacións que entregarán os comercios participantes.
- O concello de Boiro programará para a ocasión dous espectáculos infantís para venres tarde e sábado pola mañá.
- Para completar a festa o ABE e Concello de Boiro organizan o sábado 26 no Parque da cachada un amplo abano de actividades
Boiro 16 de agosto de 2023
Con motivo do remate do verán e do período de rebaixas a ABE e o Concello de Boiro organizan unha Festa final de verán que compaxinará a liquidación dos stocks dos comercios cun amplo cartel de actividades de todo tipo durante o venres 25 e o sábado 26 de agosto.
Stocks fora Boiro
Os comercios asociados a patronal Boirense ofrecerán centos de produtos a prezos de liquidación durante toda a fin de semana, tanto os comercios como os produtos estarán sinalizados con carteis circulares e globos coas cores amarela e azul da campaña para que os clientes os poidan localizar facilmente.
Ademais os comercios repartirán gratuitamente aos seus clientes 2.000 bolsas de algodón e a ABE sortea a través da súa aplicación de rexistro de tíckets 5 premios consistentes en 1 carro da compra e 50€ en bonos ABE.
Festa infantil
Na praza de Galicia estarán instaladas unha serie de atraccións infantís as que se pode acceder con invitacións que entregarán os comercios participantes.
O venres en horario de mañá e tarde (12:00 A 14:00 e 18:30 A 20:30) teremos dous inchables e un toro mecánico e o sábado en horario de tarde (18:00 a 21:00) dous inchables e a festa da espuma.
A festa da espuma ten entrada libre.
Animación de rúas
O concello de Boiro programará para a ocasión dous espectáculos infantís para venres tarde e sábado pola mañá.
O Venres 25 de agosto a partir das 20:30 teremos o espectáculo itinerante de rúa “Animacreques” a cargo da compañía Catropés .Animación de zancos , danza e teatro onde a improvisación, interacción co espectador fan unha proposta coidada e divertida.
En Animacreques, a partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza, xorde esta proposta de animación e intervención na rúa. Anxela Blanco e Vanessa Rivas (Catropés) propoñen un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.
O sábado as 11:30 hs na praza de Galicia estará a compañía Pillaband co espectáculo "A árbore dos desexos" que foi gañadora do premio Martin Codax ao mellor espectáculo infantil
Pillaband é un proxecto de Inés Gontad (de Vacas) e Ramón Feáns. Raiola é unha elefanta nova que vive na sabana africana. O seu mundo está cheo de prohibicións, polo que un día, recordando os comentarios do seu pai acerca dunha árbore milagreira que existe no máis profundo da selva, e que ten capacidade de conceder un desexo a quen chegue ata ela, decide marchar para coñecer o seu sitio no mundo, e coñecerse a si mesma. Formato dúo.
Música, gastronomía e enoloxía
Para completar a festa a ABE e o Concello de Boiro organizan conxuntamente o sábado 26 no Parque da cachada un amplo abano de actividades ás que se suma ás 13:00 o concerto de Leilia incluído no ciclo Paisaxes Sonoras da Mancomunidade Barbanza Arousa (entradas en boiro.gal)
As 14:00 hs será a quenda da actuación musical de BlackStereo (De balde) e unha degustación gastronómica a cargo dos chefs Marcos Santamaria e Manuel Ozores maridada cos viños da IXP Terra de Barbanza e Iria e que inclúe degustación de Mexillón da Cooperativa de Produtores Mexilloeiros de Cabo de Cruz (Asmecruz) e conservas de Jealsa Rianxeira. (Todos asociados a patronal Boirense)
A degustación terá un prezo popular de 5€ e inclúe viño, mexillóns e a degustación preparada polos chefs.
Fin de festa
A celebración rematará co concerto +dMANÁ | Banda Tributo a Maná, liderados polo carismático cantante italiano Luca Lavelli, contan cunha importante e recoñecida traxectoria musical. A súa paixón pola música traspasou fronteiras e os mesmísimos Maná eloxiaron a súa enerxía, será as 22:00 da noite e os fogos de artificio as 00:30 hs da noite, ambas actividades tamén no parque da cachada e con entrada de balde.
Mais info e programa completo en
www.abe.gal
www.boiro.gal