Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

ABE E CRUZ VERMELLA BOIRO ASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN

 

  • O obxeto do Convenio é articular a colaboración entre as entidades
  • A ABE consolida a súa liña de traballo con outras entidades sociais do municipio e amplia o catálogo de servizos para os seus asociados

 

Boiro 10 de maio de 2022

Na mañá de hoxe a ABE e a asemblea local da Cruz Vermella de Boiro asinaron un importante convenio de colaboración que recolle a intención de ambas entidades en explorar liñas de traballo comuns.

Ao acto de sinatura asistiron por parte da ABE o Presidente e o Xerente, Daniel García e Tomás Estévez, respectivamente e por parte de Cruz Vermella o vicepresidente, Ricardo López Triñanes e a coordinadora local, Natalia Romero.

En palabras do presidente da ABE “o obxeto do presente Convenio é articular a colaboración entre as entidades para establecer un punto de encontro que contribua á difusión e mellora dos programas sociais así como a posta en marcha doutros que poidan acordarse entre as partes”

Entrando en detalle o xerente da ABE, Tomás Estévez detallou algúnha das liñas de traballo que se van a desenvolver como “Compartir información, orientación e asesoramento, establecer canles de coordinación entre os asociados/usuarios de ambas entidades ou fomentar a realización de prácticas de carácter laboral nas empresas asociadas”

Pola sua banda a presidenta, Rosa Abuín amosou a sua satisfacción pola sinatura deste acordo que servirá, entre outras cousas para “Captar e fomentar o acceso de potenciais usuarios aos servicios de cruz roxa Boiro, realizar (de forma conxunta) accións de carácter social no municipio ou fomentar a inclusión laboral dos usuarios de Cruz Roxa Boiro no tecido empresarial Boirense”       

Con este acordo a ABE consolida a sua liña de traballo con outras entidades sociais do municipio e amplia o catálogo de servizos para os seus asociados ao incluir a posibilidade de que as empresas acollan traballadores en practicas ou contratados que proveñan de colectivos en risco de exclusión e que se poidan beneficiar das axudas e bonificacións que a Xunta ten en vigor para estes colectivos.