Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 

AGOTADOS TODOS OS BONOS NEGOCIOS 10

 

  • As 300 caixas de bonos xa se esgotaron.
  • Os clientes deben utilizar os bonos #negocios10 antes do 15 de abril.
  • Hai 200 negocios de todo tipo onde se poden utilizar.

 

Boiro 17 de marzo de 2023

 

Na mañá de hoxe esgotáronse as últimas caixas de bonos ABE #negocios10, finalmente foron 300 as postas á venta que tiña un valor de 50 € pero que ao cliente so lle costan 40€, xa que levaban 10 € de regalo para que os utilicen nos establecementos asociados.

 

En total son 15.000€ que repercutirán nos negocios asociados e que como recorda o presidente, Daniel García pódense utilizar en todos os sectores da ABE “non so en roupa ou calzado senón tamén en alimentación, supermercados, gasolina, restaurantes, dentistas, masaxes...”

 

Tras venderse todas as caixas dispoñibles, García quixo facer balance da campaña que cualifica como “un éxito sen precedentes xa que en apenas dúas semanas os clientes mercaron as 300 caixas dispoñibles”

 e ademais destacou que ao ser prepagables, (o cliente para acadar os 10€ de desconto por caixa debe aportar 40€ para mercala) “ fai que se garanta que o importe total de venta de Bonos repercute nos negocios asociados, xa que en iniciativas deste tipo a maioría de veces descargase o bono e despois podes ou non utilizalo”

 

Recordar que os clientes que as mercaron teñen ata o 15 de abril para gastalas nos mais de 200 #negocios10 Asociados a ABE.