Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

  

AS ALUMNAS DO PIE DE BOIRO RECIBEN FORMACIÓN EN EMPRENDEMENTO DA MAN DA ABE

  •  A actividade foi organizada polo PIE do Concello de Boiro
  • A charla titulada “Claves para emprender” tivo lugar nas aulas do Viveiro de Empresas de Boiro
  • A persoa física é a forma xurídica mais utilizada con 1,8 millóns de empresas, seguida da SL con 1 millón.
  • Existen diferentes programas da Xunta de Galicia específicos para a creación de empresas como o Programa de Fomento do Emprego Autónomo ou o Programa Emega específico para mulleres.

 Boiro 6 de abril de 2022

A ABE a través do seu xerente, Tomás Estévez, estivo presente na xornada de fomento do emprendemento organizada polo Plan Integral de Emprego do Concello de Boiro no que participan unhas 100 mulleres desempregadas.

A charla titulada “Claves para emprender” tivo lugar nas aulas do Viveiro de Empresas de Boiro e nela tratábase de achegar ás participantes unha aproximación ao mundo empresarial dende o punto de vista dun emprendedor que estivera pensando en crear a súa primeira empresa. Deste xeito Estévez, comezou a súa intervención contextualizando como é actualmente o sistema empresarial Español que “está conformado por uns 3 millóns de empresas das que o 94% son microempresas e mais da metade non teñen empregados” en canto ao traballos xerados “ dos 16,5 millóns de empregos que xeneran, 10,5 corresponden a PEMES e 6 ás grandes empresas que, en todo o país, soamente son 5.000”

 Tras esta primeira achega tocou a quenda de falar da idea de negocio, as métricas e de cales deben ser os contidos do Plan de Empresa que é un documento imprescindible á hora de emprender. O punto que mais dúbidas xenera nos emprendedores que se dirixen a ABE é a de saber cal é a  forma xurídica que mais convén á hora de comezar un negocio, para Tomás existen tres claves que debemos analizar ”cada opción ten vantaxes e inconvintes e temos que analizar principalmente tres aspectos; fiscalidade, responsabilidade e trámites requeridos” neste sentido “ a persoa física é a forma xurídica mais utilizada con 1,8 millóns de empresas, seguida da SL con 1 millón”

Uns aspecto importante a ter en conta son as axudas e subvencións coas que contan os emprendedores, na ABE son especialistas neste campo e ademais das bonificacións na cuota para primeiras altas e a capitalización da prestación por desemprego existen “ diferentes programas da Xunta de Galicia específicos para a creación de empresas como o Programa de Fomento do Emprego Autónomo ou o Programa Emega específico para mulleres”

En canto a onde acudir ante as moitas dúbidas que xenera o emprendemento “son importantes os puntos PAE, especialmente os que teñen carácter público que son gratuítos e realizan as labores de información e incluso a tramitación da alta, tamén existe a posibilidade de participar en programas de aceleración de empresas como LAB BARBANZA e acudir a organizacións empresariais como a ABE que prestamos servizos como o de xestión integral de subvencións”

O xerente da ABE finalizou a súa intervención animando ás presentes a non ter medo a emprender pero facelo sempre tras un período de formación, buscando asesoramento profesional e non arriscando mais do necesario; para refrendalo parafraseou a un importante empresario que dicía “Se cando comezas un negocio non podes alimentar ao teu equipo con 2 pizzas, é que é demasiado grande” 

*A ABE e membro das Redes REDIC e EUSUMO da Xunta de Galicia, dúas veces premiada nos premios nacionais de comercio do Goberno de España e conta con ampla experiencia no desarrollo e acompañamento de proxectos de emprendemento. En 2021 realizou 192 asesoramentos en materia de subvencións que derivaron en 72 expedientes tramitados acadando mais de 300.000 € de inversión nas empresas beneficiarias.