As “Quincenas Fantásticas” pechan a súa edición máis participativa batendo récords en Boiro
Boiro 4 de agosto de 2025
A campaña "Quincenas Fantásticas", organizada pola Asociación Boirense de Empresas (ABE), chegou ao seu final cun balance moi positivo: batéronse todos os récords de participación nas súas dúas quendas de sorteo.
Esta mañá realizouse o segundo e último sorteo da campaña, correspondente á segunda quincena, na que se rexistraron 2.395 tickets de compra, superando amplamente os 2.000 rexistrados na primeira quincena, que xa representaban o mellor dato de participación de todas as edicións anteriores.
As persoas premiadas foron:
🔹 Beatriz Rodríguez López, por unha compra en Peppo Moda
🔹 María Rego Hermida, por mercar en Zapatería Celia
🔹 Clara Romero, grazas a unha compra en Cosmos Tendas Multiprezos
Cada unha recibirá Bonos ABE sen caducidade, para seguir desfrutando do comercio de proximidade nos máis de 200 negocios asociados.
Dende a ABE destacan o éxito desta edición, cunha resposta cidadá masiva que confirma o compromiso da veciñanza con Boiro e co seu tecido comercial.
Daniel García, presidente da ABE:
"Superamos todas as expectativas. As 'Quincenas Fantásticas' demostraron que cando unimos premios atractivos, dinamización e implicación empresarial, o resultado é extraordinario. Grazas a todas as persoas que apostaron polo comercio local.”
A campaña foi posible grazas á financiación da Xunta de Galicia e ao apoio de todos os establecementos participantes. A ABE continúa traballando para seguir ofrecendo iniciativas que poñan en valor o comercio de sempre, o que nos fai únicos.