BLACK FINDE BOIRO: Creando comunidade, mercando local
ABE impulsa unha fin de semana de ocio e compras nos negocios locais
28 e 29 de novembro
Boiro prepárase para vivir unha das fins de semana comerciais máis potentes dos últimos anos. A Asociación Boirense de Empresas (ABE) presenta o BLACK FINDE BOIRO, unha campaña que nace co lema “Creando comunidade, mercando local”, destacando o valor social e económico de comprar na propia vila.
Durante os días 28 e 29 de novembro, máis de 30 negocios locais ofrecerán descontos e promocións especiais, convertendo as rúas de Boiro nun espazo activo, atractivo e cheo de oportunidades para veciños e visitantes.
A listaxe completa de comercios e ofertas pode consultarse en www.abe.gal
Unha ocasión irrepetible: Black Finde + Bonos MercaNaVila
Este Black Finde chega acompañado dun incentivo extraordinario: os Bonos MercaNaVila continúan vixentes e poden acumularse aos descontos da campaña. Isto significa que a clientela poderá obter aforros moi superiores aos habituais.
Os bonos —abertos a persoas de calquera lugar— permitirán atraer visitantes doutros concellos, facendo prever que esta edición poida ser a mellor da historia e unha oportunidade excepcional para adiantar as compras do Nadal beneficiándose do seu máximo valor.
Un programa de actividades pensado para dinamizar a vila
Para fomentar o ambiente nas rúas e ofrecer alternativas de ocio en familia, ABE organiza varias actividades complementarias:
Palomitas con música
Entrega gratuíta con invitación dos comercios participantes.
Venres 28 e sábado 29, de 18:00 a 21:00 h, na parada do tren infantil da Praza do Concello.
Tren infantil
Un clásico que percorre as rúas de Boiro e que atrae centos de familias. Acceso gratuíto mediante invitación.
Venres e sábado, de 16:30 a 21:00 h.
Decoración “Black Finde”
Os establecementos participantes exhibirán globos negros e carteis oficiais, creando unha imaxe unificada que permitirá identificar rapidamente todos os negocios adheridos.
Mercar en Boiro, construír comunidade
O BLACK FINDE BOIRO non é só unha acción de descontos: é unha chamada a reforzar os lazos locais, apoiar a economía de proximidade e lembrar que cada compra na vila xera impacto directo no emprego e na vida diaria do municipio.
ABE anima á cidadanía e ás persoas visitantes a achegarse a Boiro esta fin de semana para gozar das mellores ofertas, participar nas actividades e vivir dous días pensados para fortalecer o comercio local.
LISTADO DE PARTICIPANTES E DESCONTOS
- Atleet Boiro – Sr. Balón: 20% + 5% tarxeta cliente
- Atmosfera Sport Boiro – Brincos: Ata o 30% de desconto
- Baldani Concept Store: 20% + degustación + música
- Calzados Marlu: Varios descontos + chuches
- Claudio Cabo de Cruz: Especial BlackOfertas + ruleta de agasallos con cada compra
- Davisan Boiro : 10% PAE e 5% gama branca
- Demárkel Decoración: 20% de desconto
- Drolim: Black Friday Beauty ata -50% en imprescindibles de maquillaxe
- Doce Ópticos Boiro: 25% en gafas de sol seleccionadas
- Electrodomésticos Otero: descontos especiais
- Estudio de Pintura e Debuxo Paola García Paz: Mostra de pintura o sábado 29 de 17:00 a 18:00 h; sorteo dunha obra
- Farmacia Cimadevila: Ata un 30% de desconto
- Factory Shop by Jealfer: 50% + 20% na tenda principal, outlet na antiga dende 10€ + sorteo de 3 vales de 50€
- Foot on Mars Boiro – Sr. Balón: 20%
- Gastrolab Arousa: 10/20/25% en produtos seleccionados + café e bica o venres
- Herboristería Fiuncho: Descontos en cosmética natural e suplementación
- Julietabebés: Ofertas especiais
- Lisvaz: 20% de desconto
- Lolita Moda: 20%
- Mercería Lorema: Descontos especiais en prendas seleccionadas
- Miniklass Tenda Infantil: 20% en todo + 50% outlet
- Moda TIN: 10% e 20% en prendas seleccionadas
- Mueble Infantil: Ata o 50%
- Natisan: 20%
- O Lar do Trilli – Pensión Os Trillizos: 10% en tortillas, cañas e aloxamento o sábado
- Óptica Tábora: Ata 50% en monturas e gafas de sol; 40% en progresivos ou 2x1 para compartir con quen queiras
- Paco’s Moda: 20% + degustación de lambetadas
- Paquetería/Mercería Esperanza: 20% en roupa de bebé (vestidos, conxuntos, chaquetas...)
- Paquetería Josefina: 20% en batas e pixamas
- Peppo Moda: 20% en toda a tenda e ata 50% en seleccionados
- Princesas e Príncipes: Perchero 2x1, perchero ao 40%, outlet: 1 prenda 20%, 2 prendas 30%, 3 ou máis 40%; resto da tenda 10% roupa e calzado / 5% complementos + xogo do Elfo Bromista
- Punto de Fuga: 10% en enmarcacións e belas artes e 3x2 3n pinceis.
- Rules
- Stimmug Stories: Descontos do 10% ao 20%, promo 4x3 modelos Kol e RDL, 15% en packs de 4 cadeiras/taburetes, agasallos en compras superiores a 200€ e 300€
- Tiendas Pillados: Todo ao 20% e 30%
- Tremenda Moda: 10% en roupa e 5% en complementos + detalle en compras superiores a 25€
- Uttap 3.catorce: Encendido de luces con conta atrás + sorteo entre tickets do día
- Zapatería Celia: Descontos especiais