Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://twitter.com/empresasboirohttps://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
dolmen 2016

 

BIOEUROPE E A POUSADA GAÑADORES DOS PREMIOS DOLMEN

 

 O pasado venres 2 de setembro celebrouse a XXVIII edición da Gran Gala dos premios Dolmen organizados pola FEB.

Nesta ocasión a gala celebrouse no Pazo de Lestrove, Dodro, e asistiron mais de 150 empresarios da comarca.

Dous dos representantes da ABE na ceremonia acadaron o máximo galardón, Bioeurope foi a gañadora na categoría de I+D+I e A Pousada das Ánimas na de promoción turística.

O terceiro representante Boirense, Centro Chakra, resultou finalista na categoría de emprendemento.

Os resultados acadados reflicten a boa saúde do empresariado Boirense, ao que so nos queda que felicitar e animar para que continuen na mesma liña de traballo.

 

COMPARTE

_