Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 

Onte presentamos un dos proxectos mais importantes da historia da ABE, trátase da posta en marcha dun programa de acelaración de empresas.

A iniciativa, é froito da colaboración do Concello, Deputación da Coruña e a Asociación Boirense de Empresarios, ten coma obxectivo dinamizar e apoiar o lanzamento e  o crecemento de proxectos empresariais da comarca.

O programa de Formación e Aceleración Emprende Lab Barbanza que se pon en marcha no Viveiro de Empresas de Boiro da man do Concello, a Deputación da Coruña e a Asociación Boirense de Empresarios pretende fortalecer o actual ecosistema emprendedor da comarca, favorecendo o establecemento e permanencia no Espazo Municipal de Coworking existente no polígono de Espiñeira de novas empresas baseadas no talento, na innovación e no seu rápido crecemento.

Lab Barbanza acollerá nunha fase inicial un total de 20 participantes (poden ser ideas de negocio, negocios en fase inicial ou spin off de empresas xa maduras) para realizar actividades de formación e mentoring. De elas, so dez pasarán á segunda parte do programa, a fase de aceleración.

Os proxectos que entren a formar parte da iniciativa, independentemente do seu grado de maduración, terán carácter innovador e suficiente viabilidade técnica e económica. Todos os participantes terán acceso a talleres de formación de carácter teórico e práctico, e cada un deles estará deseñado para capacitar aos alumnos de forma intensiva, inspirándose na metodoloxía boot-camp, que ten como metas identificar as dificultades e propoñer estratexias para superalas aportando ferramentas para poñelas en práctica.

As inscricións para este proxecto son totalmente gratuítas, E toda a información está dispoñible na web www.labbarbanza.gal.

Ademais a ABE reservouse un plan formativo de 40 horas para as empresas asociadas e que se levará a cabo nos vindeiros meses de outubro e novembro.

Este plan de formación para directivos será impartido ao abeiro deste programa e será totalmente gratuíto para os soci@s.