Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

Boiro, entre os municipios españois con maior crecemento do emprego: un reflexo do traballo da ABE e do compromiso das empresas locais

 

Segundo os datos do censo de poboación activa de 2023 publicados polo INE, Boiro sitúase entre os dez municipios españois de máis de 10.000 habitantes con maior incremento na taxa de emprego da poboación entre 16 e 64 anos. Xunto a Palos de la Frontera (Huelva) e Los Llanos de Aridane (Santa Cruz de Tenerife), a vila coruñesa rexistrou unha suba de cinco puntos porcentuais respecto ao ano anterior.

Este avance significativo non sería posible sen o papel clave que xogan as empresas de Boiro, verdadeiras protagonistas deste logro. Son elas as que, día a día, xeran emprego, arriscan, innovan e contribúen á dinamización económica da comarca. Pequenas, medianas e grandes empresas que, con esforzo e visión, están a transformar o noso territorio.

Neste contexto, a Asociación Boirense de Empresas (ABE) vén desenvolvendo unha labor continuoa de apoio ao tecido empresarial local, creando espazos de encontro, aprendizaxe e visibilidade que fortalecen a actividade económica. Entre as súas principais accións destacan:

🔹 Feira de Emprego, un punto de encontro clave entre empresas, persoas demandantes de emprego e futuros emprendedores.

🔹 Fálame Sempre, ciclo de encontros que promove  historias inspiradoras dentro do mundo empresarial.

🔹 Almorzos ABE, momentos de encontro informal que favorecen o diálogo, a reflexión colectiva e a colaboración.

🔹 Xornadas de Networking Empresarial, eventos que fomentan as relacións entre empresas de distintos sectores e a xeración de novas oportunidades.

🔹 Programas de formación e asesoramento, dirixidos tanto a empresas como a persoas emprendedoras, con acompañamento personalizado e orientación estratéxica.

🔹 LAB Barbanza, un proxecto de innovación e empredemento que impulsa iniciativas transformadoras e busca fixar talento no territorio.

Todos estes esforzos teñen un obxectivo común: facer de Boiro un lugar onde crear empresa sexa posible, sostible e ilusionante.

Desde ABE, reiteramos o noso recoñecemento ás empresas locais que fan realidade este crecemento, e reafirmamos o noso compromiso de seguir acompañando o seu camiño con ferramentas, rede e visión de futuro.

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar