CAMPAÑA DO DÍA DA NAI EN BOIRO
- A campaña vai do 22 de abril ao 5 de maio
- Sortéanse dous bonos ABE de 50€
- O carné de familia numerosa duplica os premios
Boiro 22 de abril de 2024
A ABE xa ten todo preparado para a súa nova campaña con motivo do día da nai que ten como obxectivos premiar a fidelidade dos clientes e promocionar as vendas nos negocios asociados nesta data tan sinalada.
Nesta ocasión os clientes que realicen as súas compras entre 22 de abril e o 5 de maio e rexistren os seus tíckets e/ou facturas en www.abe.gal participarán no sorteo de dous bonos ABE de 50€ cada un para utilizar en calquera dos negocios asociados.
Estes premios duplícanse se os agraciados contan co carné de familia numerosa.
Esta campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia.