CAMPAÑA DO DÍA DA NAI EN BOIRO
- Os rexistros na web da ABE darán o dobre de puntos para cambiar por agasallos
- A campaña vai do 28 de abril ao 7 de maio
- Sorteanse dous bonos ABE de 50€
- O carné de familia numerosa duplica os premios
Boiro 27 de abril de 2023
A ABE xa ten todo preparado para a súa nova campaña con motivo do día da nai que ten como obxectivos premiar a fidelidade dos clientes e promocionar as vendas nos negocios asociados nesta data tan sinalada.
Nesta ocasión os clientes que realicen as súas compras entre o 28 de abril e o 7 de maio e rexistren os seus tíckets e/ou facturas en www.abe.gal acumularán o dobre de puntos para cambiar polos premios do catálogo.
Durante todo o ano o cliente acumula o 10% do importe do tícket pero durante esta campaña será o 20%.
Recordar que os puntos pódense cambiar por vales de compra (100 puntos por 5€) ou por premios como maletas, carros da compra, auriculares bluetooth , cargadores inalámbricos e moitos premios mais.
Na web da ABE está tanto o catálogo como a aplicación para rexistrar os tíckets.
Sorteo de bonos ABE
Ademais entre todos os tíckets rexistrados durante estas datas sortearanse dous bonos ABE de 50€ cada un para utilizar en calquera dos negocios asociados.
Estes premios duplícanse se os agraciados contan co carné de familia numerosa.