Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

DÍA DO PAI EN BOIRO

 

  • Os rexistros na web da ABE darán o dobre de puntos para cambiar por agasallos
  • A campaña vai do 13 ao 19 de marzo
  • Os bonos negocios10 están vixentes durante a campaña do dia do pai

 

Boiro 10 de febreiro de 2023

A ABE xa ten todo preparado para a súa nova campaña con motivo do día do pai que ten como obxectivos premiar a fidelidade dos clientes e promocionar as vendas nos negocios asociados nesta data tan sinalada.

Nesta ocasión os clientes que realicen as súas compras entre o 13 e o 19 de marzo e rexistren os seus tíckets e/ou facturas en www.abe.gal acumularán o dobre de puntos para cambiar polos premios do catálogo.

Durante todo o ano o cliente acumula o 10% do importe do tícket pero durante esta campaña será o 20%.

Recordar que os puntos pódense cambiar por vales de compra (100 puntos por 5€) ou por premios como maletas, carros da compra, auriculares bluetooth , cargadores inalámbricos  e moitos premios mais.

Na web da ABE está tanto o catálogo como a aplicación para rexistrar os tíckets.

Negocios 10 e día do pai

A campaña tamén pretende recordar aos clientes que poden utilizar os bonos ABE #negocios10 para mercar o regalo do día do pai xa que aforran 10€ por cada 50€ que invistan e como se poden usar ata o 15 de abril a data do día do pai encaixa perfectamente.

Neste momento aínda quedan algúns dispoñibles, recordar que se venden na sede da ABE ata esgotar existencias.

 

Esta campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia.