Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

MÁIS DE VIENTE PERSOAS ASISTEN Á XORNADA “HAI FUTURO! NOVAS OPORTUNIDADES PARA A EMPRESA RURAL” EN BOIRO,

ORGANIZADA POR APE GALICIA EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS

O director de Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga, analizou a situación das persoas traballadoras autónomas nas zonas rurais e as técnicas para avanzar nos seus proxectos

Na xornada estiveron o presidente da ABE, Daniel García, o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, e a subdirectora da Oficina Galicia Emprende, IGAPE, Fany Suárez.

Boiro, 01 de xuño de 2022.

Ao redor de vinte persoas traballadoras autónomas e pemes de Boiro asistiron onte á xornada inspiradora “Hai futuro! Novas oportunidades para a empresa rural”, organizada por APE Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, Asociación Boirense de empresarios (ABE) e IGAPE, para potenciar os negocios no rural. No evento, que se celebrou nas instalacións de ABE, participaron o presidente da ABE, Daniel García, o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, e o a subdirectora da Oficina Galicia Emprende, IGAPE, Fany Suárez.

Máis polo miúdo, Eduardo García Erquiaga, director de Galicia Business School, foi o encargado de impartir o relatorio no que analizou a situación das persoas traballadoras autónomas das zonas rurais e afondou nas técnicas para mellorar o seu desenvolvemento profesional e avanzar nos seus proxectos. O director de Galicia Business School explicou cales son as fortalezas do rural, as novas oportunidades que existen na contorna rural e as técnicas para efectuar unha dixitalización efectiva. Pola súa banda, a subdirectora da Oficina Galicia Emprende, IGAPE, Fany Suárez, tamén informou acerca das liñas de actuación e de apoio que ten en marcha a Xunta de Galicia.

En xeral, o obxectivo destas xornadas formativas é inspirar ás persoas autónomas das zonas rurais, animar a emprender, consolidar e repensar o negocio no rural, destacar as fortalezas que ten a empresa nesta zona, e detectar novas oportunidades que chegan da man dos cambios tecnolóxicos e dos cambios nos valores dos clientes. Ademais, esta iniciativa ofrece información sobre o emprendemento, a mellora no desenvolvemento profesional, a consolidación dos proxectos e a reinvención dos negocios.