Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://twitter.com/empresasboirohttps://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

A ABE está de noraboa xa que ven de incorporar un novo socio protector na figura da Clínica Dental Rebeca Ozores que está situada no centro de Boiro, nun espazo de 200 m² dotado da máis moderna tecnoloxía e últimos avances en odontoloxía como TAC 3D, láser dental, cirurxía guiada por ordenador e sedación consciente.

Un ambiente acolledor e confortable, deseñado especialmente para que os seus pacientes se sintan cómodos e seguros, e onde garanten unha atención profesional, próxima e personalizada en todas as súas especialidades: odontoloxía xeral, implantoloxía oral, ortodoncia, odontopediatría, endodoncia, periodoncia e estética dental.

A súa prioridade son as PERSOAS, por iso buscan continuamente melloras que ofrecerlles, tanto para aumentar o seu propio benestar como o do entorno que as rodea.

En Clínica Dental Rebeca Ozores levan máis de quince anos creando #unmardesorrisos grazas á confianza dos seus pacientes. Cun equipo altamente cualificado, unhas modernas instalacións e unha coidada atención ao paciente, ofrecen un compromiso con cada sorriso.

Con esta incorporación e coa renovación do compromiso dos resto de socios protectores, Jealsa, Grupo JJ Chicolino, García Sanchez e España y Fernández , a ABE conta con 5 empresas con esta categoría.

A ABE é unha das organizacións empresariais máis representativas e con máis tradición da comunidade galega. Creada en 1988 conta con 200 empresas asociadas de tódolos sectores produtivos así como un Centro Comercial Aberto dos mais importantes do país que acadou en 2015 a mención especial e no 2019 un accésit nos premios nacionais de comercio, o maior recoñecemento en materia comercial que outorga o Goberno de España.

A xunta directiva para consolidar o crecemento sostible da entidade creou no ano 2016 a figura de socio protector, que son empresas ou entidades que queiran dar un paso adiante no apoio á patronal Boirense conseguindo esta condición a través do cumprimento dunha serie de obrigas (sinatura de convenio de colaboración e aceptación das súas cláusulas) e que dan dereito a determinados beneficios como a inclusión destacada na sección específica da web www.abe.gal, inclusión do seu logotipo en tódalas campañas e eventos que realice a ABE así como a presencia do mesmo nas roldas de prensa, cursos, charlas e conferencias.

Dende a ABE queremos expresar o noso agradecemento tanto a Clínica Dental Rebeca Ozores pola súa incorporación como ao resto de socios protectores xa que co seu apoio podemos afianzar e manter os servizos e actividades que desenvolvemos e desarrollar novos proxectos que afiancen un crecemento sostible e continuo da entidade.