A ABE REPARTE 2000 € e 4 BICICLETAS NA CAMPAÑA DE VERÁN
- A campaña desenvolverase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto
- Ademais dos 2000 € en vales de compra engádense 4 bicis ao sorteo
- Colocaranse dous totems de 2,5 metros nas rúas de Boiro coa imaxe da campaña e o nome de todos os socixs
Boiro 30 de xuño de 2022
Co inicio do verán comezamos unha nova campaña de promoción na que imos a sortear 2.000 € en bonos ABE para mercar en calquera das mais de 200 empresas asociadas e 4 bicicletas, unha por quincena.
A campaña denominada Quincenas Fantásticas vaise desenvolver entre o 1 de xullo e o 31 de agosto e sortearemos 500 € e unha bicicleta ao remate de cada unha das 4 quincenas. (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros)
Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socixs da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal
Complementando esta campaña e buscando achegar a imaxe das empresas asociadas aos veciños e visitantes imos colocar nas rúas de Boiro dous totems de 2,5 metros en forma de cubo no que irá ademais da imaxe da campaña os nome comercial de todos os socixs.
Novidade, sorteamos 4 bicis
Aos 2.000 € en premios hai que engadirlle outros 4 premios consistentes nunha moderna bicicleta coa que os agraciados poderán estrear o novo carril bici de Boiro ou pasear polo bonitos paraxes da localidade.
Para esta campaña usaremos o hashtag #quincenasfantasticas
Sorteos cada quincena
- Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de xullo >> sorteo o 19 de xullo
- Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de xullo >> sorteo o 2 de agosto
- Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto
- Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro
A organización reservase o dereito a mover algunha das datas do sorteo se fose preciso o cal o comunicará na web e redes sociais.
Premios
2000 € + 4 bicicletas > 500€ cada quincena + 1 bicicleta
1 premio de 250 €
1 premios de 150 €
1 premios de 100 €
A CAMPAÑA ESTÁ COFINANCIADA POLA XUNTA DE GALICIA