Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

  

CONSUELO POMBO GAÑADORA DOS 1.000€ DO PREMIO FINAL DAS QUINCENAS FANTÁSTICA

 

  • Rexistráronse 1.854 tíckets récord absoluto da campaña.
  • Sorteáronse 500 € en vales de compra e 1 bicicleta plegable correspondentes a 4ª quincena e un premio especial de 1.000€
  • A persoa gañadora do premio especial realizou a súa compra en Drolim
  • En total foron 6.346 rexistros, 2.456 mais que a edición do pasado ano e 3.877 mais que a de 2021

 

Boiro 4 de setembro de 2023

Na mañá de hoxe, na sede da patronal de Boiro, tivo lugar o sorteo dos premios da cuarta e última das quincenas da campaña de verán da ABE e tamén do premio final de 1000€.

Os premios da 4ª quincena sorteáronse entre os 1.854 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 16 e o 31 de agosto.

Os 1.854 rexistros supoñen un incremento de 769 sobre os rexistrados na mesma quincena do pasado ano e bateuse o récord absoluto de participación en 273 que ata o de agora o tiña a 2ª quincena de este ano con 1.581

Premios e premiados da 4ª quincena

 

PREMIO

PREMIADO

NEGOCIO ONDE MERCOU

250 €

ANA MARÍA ROMERO

LIBRERÍA EL CISNE

150 €

MATILDE CESPÓN

JULIETA BEBÉS

100 €

SILVANA LAIÑO

CAFETERÍA YORK

BICICLETA

MARÍA GARCÍA

ELECTRODOMÉSTICOS OTERO

 

Premio especial fin de campaña

Ademais dos premios da 4ª quincena tamén se sorteou un premio final de 1.000€ para unha única persoa entre todos os tíckets rexistrados na campaña dende o 1 de xullo ao 31 de agosto, en total foron 6.346 tamén récord absoluto das 3 edicións que ata o de agora se celebraron.

Estes 6.346 rexistros son 2.456 mais que a edición do pasado ano e 3.877 mais que a de 2021 números que falan por si mesmo da altísima participación que tivo a campaña e da progresión que ten este sistema de campañas a través dos rexistros na web da ABE.

A persoa gañadora dos 1.000 € foi CONSUELO POMBO polo rexistro dunha compra realizada en Drolim o 24 de agosto.

Consuelo é un dos 2.165 usuarios activos que temos na web de fidelización da ABE, que ademais de participar en sorteos como este, acumulan puntos con cada compra para cambiar por agasallos do catálogo, Noraboa e gracias por mercar no comercio local de Boiro.

A entrega de premios será o vindeiro luns 11 de setembro e entregaranse os premios da 3ª e 4ª quincena.

Para finalizar a ABE quere agradecer aos 2.165 clientes que rexistraron tíckets nesta campaña tanto a súa participación como os seu compromiso cos negocios locais de Boiro.

Recordar que os premios en Bonos ABE poden utilizarse sen caducidade en calquera dos 201 negocios asociados, aos que aproveitamos para agradecer e dar a noraboa pola súa colaboración e compromiso nas labores de información e difusión sa campaña que foron fundamentais para acadar estes espectaculares resultados.

 

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia