Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

  O MÉRCORES 21 DE XUÑO TIVO LUGAR NA ABE O CURSO "OS 20 PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS DAS NEUROVENTAS

ÚLTIMAS TÉCNICAS PARA CONQUISTAR A MENTE E VENDER MÁIS"

 

 

O mércores 21 de xuño tivo lugar na abe a xornada de formación "os 20 principios fundamentais das neuroventas. Últimas técnicas para conquistar a mente e vender máis" a cargo do economista, experto en marketing e estratexias de venta Modesto Gómez.

 

Aprender a falarlle á mente e non á xente, como funciona o cerebro das persoas ante determinados comportamentos, como e onde identificar clientes e clientes potenciais con necesidade insatisfeitas, como as emocións teñen que ver cos instintos, etc...foron algúns dos puntos que puidemos coñecer de forma sinxela nesta xornada que tivo unha duración de 4 horas.

 

As estratexias que usan as neuroventas están baseadas na reacción do cerebro dos consumidores, tal como explicou Modesto Gómez “Se antes faciamos productos para vender a unhas determinadas persoas  agora a clave é o contrario, temos que saber onde hai clientes con necesidades sen satisfacer e como podemos cubrir esas necesidades que teñen” “Hoxe temos moitos medios para saber que é o que a xente necesita e como podemos ofertarllo de maneira satisfactoria”

 

Máis de 20 asistentes procedentes de diferentes sectores como comercio, banca e empresas sairon con moi boas impresións de esta formación na que coñeceron de maneira pormenorizada o obxectivo fundamental da neurociencia aplicada ós negocios, vender máis, mellor e chegar a máis clientes.

 

Esta Actuación está financiada polo  FEDER e pola Secretaria de Estado Comercio no marco do programa de comercio minorista 2023.