Presentación da campaña solidaria “Doa un Sorriso 2025” en Boiro
Boiro, 1 de decembro de 2025.
Hoxe presentouse oficialmente a nova edición da campaña solidaria “Doa un Sorriso 2025”, promovida pola Clínica Dental Rebeca Ozores en colaboración coa Asociación Boirense de Empresas (ABE), Cáritas Boiro e Cruz Vermella. A iniciativa desenvolverase do 2 ao 13 de decembro e ten como finalidade recoller alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e doazóns económicas destinadas a familias en situación de vulnerabilidade.
No acto participaron:
- Raúl Treus, concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Boiro,
- Tomás Estévez, xerente da ABE,
- Guadalupe Tubío, directora de Cáritas Boiro,
- Representantes da Clínica Dental Rebeca Ozores,
- E membros de Cruz Vermella Boiro.
A representante da Clínica Dental Rebeca Ozores, Fani Quintáns, explicou que “Doa un Sorriso é moito máis ca unha campaña: é unha chamada á empatía e ao compromiso colectivo. Cada pequeno xesto conta, e un ano máis queremos facilitar que toda a veciñanza de Boiro poida axudar de maneira sinxela e cercana. A suma de todas as achegas convértese en alivio directo para as familias que peor o están a pasar”.
Pola súa banda, Tomás Estévez, xerente da ABE, destacou que “para a Asociación Boirense de Empresas é unha satisfacción apoiar iniciativas que unen ao tecido empresarial coa solidariedade. O comercio local é parte activa da vida da vila, e estamos orgullosos de colaborar para que esta campaña siga medrando e axudando a quen máis o necesita”.
O concelleiro Raúl Treus manifestou o respaldo do Concello, indicando que “Boiro sempre responde cando se trata de solidariedade. Desde o Concello apoiamos esta acción que reforza o traballo diario das entidades sociais e mostra o mellor da nosa comunidade”.
Novidades da campaña 2025
Este ano incorpóranse huchas solidarias nos comercios participantes para facilitar doazóns económicas destinadas á compra de produtos de primeira necesidade, ademais dos tradicionais cubos de recollida.
O sábado 13 de decembro realizarase unha gran recollida de alimentos nos principais supermercados, coa colaboración de voluntariado de Cáritas, Cruz Vermella e a propia organización. Na rúa peonil haberá animación e reparto de palomitas.
Sorteos
Entre todas as persoas que realicen unha doazón sortearanse:
- Dous irrigadores dentais doados pola Clínica Dental.
- Un lote de agasallos da ABE (auriculares, reloxo intelixente e altavoz).
O sorteo terá lugar o 16 de decembro na Clínica Dental Rebeca Ozores.
Participación dos comercios
Os negocios interesados poden inscribirse a través do formulario habilitado ou por correo electrónico info@clinicadentalrebecaozores.es
Este ano priorízanse produtos como leite, galletas, cacao, tomate frito, arroz, azucre e pañales (tallas 5 e 6), aínda que calquera achega será benvida.