Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
que podemos facer

 Como xa indicábamos no comunicado anterior a ABE continua traballando de xeito telemático e atendendo e solucionando as moitas dudas que se lle presentan ao sector empresarial coas medidas derivadas da crise. Ademais continuamos propoñendo campañas, traballando na mesa de crise do concello e participando das comisións das patronais galegas e nacionais.

A continuación detallamos o traballo realizado nos últimos días:

Atención a socios

Nestes momentos de incertidume e cambios lexislativos estamos realizando unha constante labor informativa. Cada día atendemos a decenas de consultas sobre aspectos como os ERTES, a solicitude de prestación, aprazamentos de impostos, negociación con provedores, orde de axudas e sobre todo de interpretación sobre as medidas recollidas no rd de estado de alarma e as posteriores modificacións.

Queremos destacar o enorme cariño e recoñecemento que estamos recibindo dos socios e socias da ABE polo traballo realizado e por manter os servizos nestes momentos de crise. A VOS TAMÉN, MOITAS GRACIAS.

Mesa crise concello e reunións de directiva

Trala posta en marcha da mesa de crise do concello por iniciativa da ABE, vimos de manter xuntanzas periódicas da mesma abordando aspectos de especial interese como moratorias, redución e eliminación de taxas e impostos municipais que xa ten o concello de Boiro sobre a mesa e que nos vindeiros días agardamos se cristalicen en medidas concretas.
A ABE comunicou ao alcalde a súa disposición para colaborar e axudar en todo o posible e concretouse que a mesa se reunirá semanalmente para abordar os asuntos mencionados.

Por outra banda a directiva da ABE estase a reunir por videoconferencia todos os martes e venres para abordar os asuntos derivados desta crise.

Campañas

Tamén nestes momentos, a ABE non deixa de lado as campañas e por este motivo hoxe lanzamos unha co lema QUE PODEMOS FACER?

Nela imos a desarrollar catro bloques temáticos sobre aspectos nos que estamos traballando e ademais de informar sobre elo pedimos que nos axudeden (empresari@s, clientes e veciñ@s) comentando aspectos concretos de cada tema.

Hoxe lánzamos o primeiro deles que trata sobre a mesa de crise que conseguimos formar xunto co concello.

Poden achegarnos os comentarios ao correo info@abe.gal ou nas redes sociais.


O temas son os seguintes:

Post 1 (no encabezado desta nova)

Post 2
Cada día atendemos consultas e dúbidas sobre as recentes medidas económicas.
Que mais información deberíamos achegarvos a empresari@s, clientes e veciñ@s?
Post 3
Traballamos arreo para o momento que voltemos á normalidade.
Cales crees que deben ser as primeiras actividades que se deben organizar?
Post 4
Estamos traballando coas entidades empresariais de ámbito nacional.
Que crees que lle debemos prantexar aos gobernos nacional e autonómico

Propostas ape e asociación de xerentes

A ABE está integrada en APE Galicia (federación de autónomos) e na Asociación galega de xerentes de ccas. A través de ambas estamos trasladando continuamente medidas e reclamacións á administración.
Vos detallamos algunhas a continuación:
1. Ampliación do importe e cambios nos requisitos para optar as liñas de subvencións para ccas
2. Creación de novas liñas de axudas específicas para promoción e dinamización dos sectores mais afectados.
3. Campaña autonómica de promoción do consumo local nada mais sair do estado de alarma.
4. Modificación do período de rebaixas de verán – aprazamento ata agosto –
5. Estudiar a modificación e mellora da lei de comercio interior de galicia (regulación de promocións, por exemplo)

 

Saudos e ánimo que xunt@s #hABEmossairdesta