DANIEL GARCIA REELEXIDO PRESIDENTE DA ABE
- Continuará ao fronte da patronal Boirense dous anos mais.
- Seguirá acompañado do seu equipo directivo actual.
- Aprobáronse por unanimidade as contas de 2022.
- O presidente fixo balance do ano poñendo especial énfase no crecemento da entidade e na posta en marcha de iniciativas de éxito como os bonos e o sistema de fidelización.
Boiro 14 de marzo de 2023
Na mañá de hoxe celebrouse a asemblea xeral extraordinaria da ABE na que Daniel García Dosil foi reelixido presidente da patronal de Boiro para os dous vindeiros anos.
Finalizado o pasado venres o prazo de presentación de candidaturas, a única recibida foia a de Daniel García polo que na asemblea de hoxe soamente restaba realizar o trámite da ratificación.
No mesmo acto, o presidente, estivo acompañado do seu equipo directivo que o seguirá acompañando nesta nova lexislatura.
DANIEL GARCÍA DOSIL
|
PRESIDENTE
|
FCO. JAVIER CAAMAÑO BOUZAS
|
VICEPRESIDENTE
|
SANTIAGO CAJARAVILLE CARDAMA
|
SECRETARIO
|
JESÚS MANUEL SANTAMARÍA SOMOZA
|
TESOUREIRO
|
CRISTIAN LAGO
|
VOCAL
|
LUIS MIRANDA SUEIRO
|
VOCAL
|
ÓSCAR ESPAÑA FERNÁNDEZ
|
VOCAL
|
O presidente amosouse “moi agradecido polo confianza dos socios e do equipo directivo” e expresou que o obxectivo para estes dous anos é “manter o crecemento e a estabilidade económica da entidade así como seguir posicionando a ABE como unha das entidades empresariales mais recoñecidas a nivel nacional ”
Paralelamente celebrouse a asemblea ordinaria anual na que se aprobaron as contas do pasado exercizo e fíxose balance do ano 2022 no que o presidente quixo destacar que “incorporáronse a ABE 14 novas empresas, tramitáronse 72 subvencións e acadamos para as empresas asociadas 489.000€ de axudas que se traduciron en mais de 700.000€ de inversión”
Tamén quixo destacar dúas accións estrela da entidade; a primeira os Bonos ABE que ”dende a súa posta en marcha a finais de 2020 achegaron as empresas asociadas nada menos que 57.785 € e que agora se complementan cos Bonos ABE #negocios10 que practicamente están esgotados apenas 15 días despois de poñerse en circulación” e a segunda o novo sistema de fidelización Puntos ABE que “estreamos en decembro de 2022 e que tres meses despois conta con 1554 usuarios e 9798 tíckets rexistrados, un éxito sen precedente nunha iniciativa de fidelización deste tipo e que nos fai estar enormemente satisfeitos e decididos a seguir apostando por esta ferramenta dixital”