DENDE MAÑÁ XA PODES CONSEGUIR A TUA NEVEIRA DE PRAIA
- Soamente se precisan 50 puntos para acadala
- A solicitude debe facerse a través da web da ABE
- Sara Sánchez xa ten a súa polo sorteo en redes sociais
Boiro 31 de maio de 2023
O puntazo ABE xa está en marcha, a campaña que debuta no programa de actividades da asociación Boirense e está vinculada ao seu sistema de fidelización por puntos.
Dende mañá, 1 de xuño, os clientes que conten con 50 puntos acumulados polo rexistro de tíckets na web da ABE xa poden utilizalos para conseguir un agasallo exclusivo, unha estupenda neveira de praia plegable de 16 litros con bandexa incorporada.
Para solicitar a neveira hai que realizar a petición mediante o formulario que se atopa na web, e tras comprobar que o saldo é correcto, iranse entregando por orde de petición ata esgotar as 50 unidades dispoñibles.
Sorteo en redes
Durante as dúas últimas semanas realizouse un sorteo nas redes sociais da ABE no que o premio era unha destas neveiras acompañada dunha fiambreira con cubertos e unha botella a xogo, a gañadora resultou ser Sara Sánchez.
Para participar soamente se pedía realizar un comentario na publicación e foron mais de 600 os recibidos o que supón un novo récord nos sorteos en redes da ABE.
Recordar que ademais do premio especial do puntazo de verán os puntos pódense cambiar por vales de compra (100 puntos por 5€) ou por premios como maletas, carros da compra, auriculares bluetooth , cargadores inalámbricos etc
Na web da ABE están o catálogo, a aplicación para rexistrar os tíckets e o formulario para pedir o cambio de puntos por premios.
Esta campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia.
.