Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

 

DANIEL GARCÍA REELIXIDO PRESIDENTE DA ABE

PARA UN NOVO MANDATO

 

Daniel García foi nomeado presidente para os próximos 2 anos.

 Na mesma asemblea tamén se presentaron as contas e memoria de actividade de 2024.

As empresas asistentes foron as primeiras en ver a nova rotulación da asociación tralo cambio de denominación.

 

 

Boiro 14 de marzo de 2025

 

A Asemblea Xeral da Asociación Boirense de Empresas (ABE), celebrada este venres no salón de actos da entidade, ratificou a reelección de Daniel García como presidente para os próximos dous anos. Trátase do seu cuarto mandato consecutivo desde que asumiu o cargo en 2019.

 

Na súa intervención, Daniel García expresou o seu "enorme agradecemento ás empresas asociadas pola confianza depositada" e recoñeceu "o valioso apoio dos traballadores e do equipo directivo, que conta con representantes de todos os sectores". Ademais, destacou a importancia do recente cambio de denominación da entidade, que pasa a chamarse Asociación Boirense de Empresas, cun nome máis inclusivo. Os asistentes á asemblea foron os primeiros en ver a nova rotulación interior e exterior das oficinas da asociación, que reflicte esta renovada identidade.

 

Continuidade e novos retos

 

Daniel García liderará o novo mandato cun equipo directivo que mantén a súa composición:

  • Presidente: Daniel García Dosil
  • Vicepresidente: Francisco Javier Caamaño Bouzas
  • Secretario: Santiago Cajaraville Cardama
  • Tesoureiro: Jesús Manuel Santamaría Somoza
  • Vocais: Cristian Lago, Luis Miranda Sueiro, Óscar España Fernández e Fátima Treus Rey.
  •  

Entre os obxectivos prioritarios para este novo ciclo, Daniel García subliñou a importancia de seguir impulsando o crecemento da entidade, tanto en número de empresas asociadas como na oferta de actividades e servizos, consolidando a ABE como un referente empresarial a nivel nacional.

 

Ademais do nomeamento do presidente, a asemblea aprobou as contas do exercicio 2024 e acordou unha actualización das cotas de socio para garantir a capacidade adquisitiva da entidade ante o incremento dos prezos.

 

Unha asemblea innovadora cun ambiente distendido

 

Por primeira vez, a Asemblea Xeral celebrouse en formato sesión vermú, promovendo un espazo de intercambio máis próximo e distendido entre as empresas asistentes e a directiva. O evento concluíu cun aperitivo no que os participantes puideron compartir impresións e fortalecer lazos de colaboración.

Como detalle especial, os asistentes recibiron un exemplar da memoria de actividade de 2024, editada este ano en formato revista, que estará dispoñible para consulta e descarga na páxina web da asociación.

Con esta asemblea, a ABE reafirma o seu compromiso co tecido empresarial da comarca, apostando pola modernización, a inclusividade e o fortalecemento da comunidade empresarial local.

 

 

 

Contidos relacionados