Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

  

 

A ABE ENTREGA 1.000€ E 2 BICIS DA PRIMEIRA PARTE DA CAMPAÑA QUINCENAS FANTÁSTICAS

 

  • Entregáronse 1.000 € en vales de compra e 2 bicicletas plegables.
  • O sorteo realizouse entre os 2.967 tíckets rexistrados neste mes de xullo

 

Boiro 3 de agosto de 2023

 

Na mañá de hoxe, na sede da patronal de Boiro, tivo lugar a entrega de premios da primeira parte da campaña de verán da patronal Boirense.

En total entregáronse 1.000 € en Bonos ABE repartidos en 2 x250, 2x150 e 2x 100 euros e 2 bicicletas plegables ás persoas gañadoras dos sorteos da primeira e segunda quincenas do mes de xullo.

O presidente, Daniel García, foi o encargado de entregar os premios e quixo por unha parte “agradecer a alta participación dos clientes na campaña que se batiron todos os recods” e por outra “a confianza dos premiados no comercio de Boiro para facer as súas compras”. Así mesmo animou a “seguir participando nos próximos sorteos xa que ainda quedan 2.000€ e 2 bicis por entregar”

O sorteo realizouse entre os 2.967 tíckets rexistrados neste mes de xullo e as persoas gañadoras poderán utilizar os bonos ABE , sen caducidade, en calquera negocio asociado.

 

Premios, premiados e comercios onde se realizou a compra.

 

PREMIO

PREMIADO

NEGOCIO ONDE MERCOU

250 €

FRANCISCO J. VILAS

BALDANI CONCEPT STORE

150 €

PILAR PIÑEIRO

PANADERÍA LA ESPIGA

100 €

YOLANDA FUNGUEIRIÑO

DEPORTES SR BALÓN

BICICLETA

IVAN GARCÍA

PAQUETERÍA JOSEFINA

250 €

MONICA OUTEIRAL

HERBORISTERIA FIUNCHO

150 €

NOEMI VIEITES

CERVECERÍA GILLIGANS

100 €

NIEVES GARCIA

CARNICERIA MONCHO BOGA

BICICLETA

SILVIA LAMPÓN

CONGELADOS DIGNA

 

A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda se van sortear 500 € e 1 bici ao remate de cada unha das 2 quincenas restantes do verán (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros + a bici) e un premio especial de 1.000 e para un único agraciado no que participarán todos os rexistros do verán

Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE e rexistrala en www.abe.gal

Próximos sorteos

 

Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro