ENTREGADOS OS PREMIOS DA CAMPAÑA DO NADAL DA ABE
- Entregáronse 2.000€ en bonos ABE, 4 lotes de produtos da praza de Abastos de Boiro e 3 lotes de xoguetes.
- Rexistráronse 4.916 tíckets de compra
Boiro 18 de xaneiro
Na mañá de hoxe celebrouse na sede da ABE a entrega dos premios da campaña do nadal, o presidente da ABE, Daniel García, que foi o encargado de entregar os premios, quixo “dar a noraboa ao premiados non so polo premio senón tamén por mercar nos negocios locais” ademais “animo a todos a seguir participando nas campañas que se propoñen dende a ABE”
En total foron 14 premios, 2000€ en Bonos ABE, 4 lotes e produtos da praza da abastos* e 3 lotes de xoguetes
Os lotes de produtos da praza de abastos contiñan 1 folla de bacallao, 1 lacón, 1 ducia de chourizos, licor e latas de conservas gourmet.
Listado de gañadores
Premio de 1000€
Javier Otero Susavila
Compra realizada en Calzados Marlú
Premio 250 €
Lorena Lojo
Compra realizada en Lolita Moda
Premio 250 €
Alicia Hermo Fernández
Compra realizada en Carnicería Boga
Premio 150 €
Rosario Sánchez
Compra realizada en Paquetería Josefina
Premio 150 €
Purificación Ferreirós Lapido
Compra realizada en Jealsa Rianxeira
Premio 100 €
Rebeca Otero
Compra realizada en Julieta Bebés
Premio 100 €
Romina Porto Castro
Compra realizada en
Espiñeira centro de jardinería
Premio Lote de produtos da praza
Patricia Vaamonde
Compra realizada en Beltane Neotaberna
Pili Cameán
Compra realizada en Cordelería JJ Chicolino
María Montemuniño Rodríguez
Compra realizada en Número 13
Marta Rios Cortés
Compra realizada en Jugueterías Tatino
Lotes de xoguetes
Pablo, Gabriela e Nerea
Para participar os clientes debían rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra na web da ABE entre o 5 de decembro e o 14 de xaneiro e en total foron 4916 os rexistrados.
As persoas premiadas cos bonos poden utilizalos en calquera dos 22 negocios asociados e non teñen caducidade.