ENTREGADOS OS PREMIOS DA CAMPAÑA ENCHEMOS O TEU DEPÓSITO
 
 
- Rexistráronse 1447 tíckets nesta campaña
- Sorteáronse 1000 € en gasolina e 10 lavados premium
- As persoas premiadas poden utilizar os vales sen caducidade na ES Garlou de Boiro
 
Boiro 4 de outubro de 2022
 
Na mañá de hoxe o presidente da ABE, Daniel García e a Xerente da Estación de Servizo Garlou, Marga Loureda, entregaron os 10 premios da campaña Enchemos o teu depósito que desenvolveuse entre o 5 e o 26 de setembro organizada pola patronal Boirense.
 
As persoas premiadas foron elixidas de maneira aleatoria entre os 1.447 tíckets rexistrados en www.abe.gal durante as datas indicadas e obtiveron como premio 100 € en gasolina + un lavado premium que poderán canxear na Estación de Servizo Garlou de Boiro.
 
Estes son os premiados do sorteo e o establecemento onde se deu o premio
 
 
| Modatin  | Juana  | 
| Carniceria Moncho Boga | Mercedes Vieites | 
| Cervecería Botavara Boiro | Loreto Riveiro | 
| Lisvaz | Beatriz Romay | 
| Panadería La Espiga | Teresa Fidalgo | 
| Sargadelos | Esther Fernández Souto | 
| Taxi 5 Boiro  | Sandra Fernández Alcalde | 
| Carniceria JM Boga Abanqueiro  | CHUS GOMEZ FERNANDEZ | 
| Claudio cabo de cruz  | Paula Muiños cortes | 
| Electrodomésticos Otero | Isabel García Vázquez | 
 
 
O presidente da ABE quixo “valorar positivamente a campaña na que se acadou un altísimo número de rexistros na liña da campaña de verán con preto de 500 rexistros semanais de mais de 60 establecementos diferentes”
 
A campaña conta coa colaboración de Estación de Servicio Garlou, Concello de Boiro e coa financiación da Xunta de Galicia.