ENTREGADOS OS PREMIOS DA CAMPAÑA ENCHEMOS O TEU DEPÓSITO
- Rexistráronse 1447 tíckets nesta campaña
- Sorteáronse 1000 € en gasolina e 10 lavados premium
- As persoas premiadas poden utilizar os vales sen caducidade na ES Garlou de Boiro
Boiro 4 de outubro de 2022
Na mañá de hoxe o presidente da ABE, Daniel García e a Xerente da Estación de Servizo Garlou, Marga Loureda, entregaron os 10 premios da campaña Enchemos o teu depósito que desenvolveuse entre o 5 e o 26 de setembro organizada pola patronal Boirense.
As persoas premiadas foron elixidas de maneira aleatoria entre os 1.447 tíckets rexistrados en www.abe.gal durante as datas indicadas e obtiveron como premio 100 € en gasolina + un lavado premium que poderán canxear na Estación de Servizo Garlou de Boiro.
Estes son os premiados do sorteo e o establecemento onde se deu o premio
Modatin
|
Juana
|
Carniceria Moncho Boga
|
Mercedes Vieites
|
Cervecería Botavara Boiro
|
Loreto Riveiro
|
Lisvaz
|
Beatriz Romay
|
Panadería La Espiga
|
Teresa Fidalgo
|
Sargadelos
|
Esther Fernández Souto
|
Taxi 5 Boiro
|
Sandra Fernández Alcalde
|
Carniceria JM Boga Abanqueiro
|
CHUS GOMEZ FERNANDEZ
|
Claudio cabo de cruz
|
Paula Muiños cortes
|
Electrodomésticos Otero
|
Isabel García Vázquez
|
O presidente da ABE quixo “valorar positivamente a campaña na que se acadou un altísimo número de rexistros na liña da campaña de verán con preto de 500 rexistros semanais de mais de 60 establecementos diferentes”
A campaña conta coa colaboración de Estación de Servicio Garlou, Concello de Boiro e coa financiación da Xunta de Galicia.