Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

 ENTREGADOS OS PREMIOS DO  I CONCURSO DE CARTEIS SOMOS BOIRO E INAUGURADA A EXPO CUNHA SELECCIÓN DOS MELLORES TRABALLOS

 

  • Os traballos gañadores recibiron un bono ABE de 30€ para gastar nos negocios asociados e protagonizarán a campaña de promoción local da ABE deste ano.
  • O concello de Boiro organiza unha exposición cunha selección dos mellores traballos presentados que pode visitarse na casa da cultura da cachada.

 

 

Boiro 18 de abril de 2024

ABE, Concello de Boiro e os centros de ensino da localidade puxeron en marcha a I edición do concurso de carteis escolares SOMOS BOIRO do que onte celebrouse a entrega de premios.

Na entrega participaron o alcalde de Boiro, a concelleira de Educación e o presidente da ABE.

Cada autor recibiu un BONO ABE por valor de 30€ para empregar, sen caducidade, en calquera dos máis de 200 negocios asociados a patronal de Boiro e ademais os carteis serán os protagonistas da campaña de promoción do consumo local da ABE na primavera 2024, aparecendo os debuxos, o nome dos autores/as e os centros  en 45 pancartas colocadas nos farois da rúa peonil e en 2 lonas de 20 metros cadrados colocadas na fachada do concello.

A temática do concurso tiña que ver co consumo local e a posta en valor da nosa contorna, patrimonio e a lingua e os gañadores foron os seguintes:

 

FREYA CERNADAS

4

CEIP DE PAZOS - COMOXO

VALERIA HERMO

3

CEIP DE CESPÓN

LÍA ALCALDE

5

CEIP ESCARABOTE

NICOLÁO PIÑEIRO

8

CEIP DE ABANQUEIRO

DAVID SIEIRA

9

CEIP  SANTA MARÍA DO CASTRO

NICOLÁS SUÁREZ

9

CEIP SANTA BAIA

LÍA TARRIO

11

CEIP  PRAIA XARDÍN

ALDARA PEDROSA

13

IES PRAIA BARRAÑA

LEO MIGUENS

15

IES A CACHADA

 

Inauguración da exposición

Ante a gran calidade dos traballos presentados o Concello de Boiro organizou unha exposición cunha selección dos mellores carteis que inaugurouse onte e que poderá verse na da Casa da Cultura Ramón Martínez López (A Cachada)  durante todo o mes de abril.

Ademais os 9 traballos gañadores poden verse na páxina web da ABE www.abe.gal e a partir de maio nas rúas da localidade transformados en pancartas da campaña de promoción do consumo local da ABE.

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar