ENTREGADOS OS PREMIOS DAS DUAS PRIMEIRAS QUINCENAS FANTÁSTICAS
- Rexistráronse 1634 tíckets nestas duas quincenas
- Entrgaronse 1000 € en vales de compra e 2 bicicletas
- A campaña continua durante o mes de agosto
Boiro 4 de agosto de 2022
O presidente da ABE, Daniel García, entregou hoxe os premios do mes de xullo da campaña quincenas fantásticas, en total 1.000 € e dúas bicicletas para clientes do comercio de Boiro.
Rexistráronse 1634 tíckets en www.abe.gal (443 tíckets mais que no mesmo período do pasado ano!)
A campaña continua e realizaremos 2 sorteos mais ao remate de cada quincena do mes de agosto.
Estes foron os premiados
PREMIO/ESTABLECEMENTO/PREMIADxS
|
250 €Drolim Eva Nuñez
|
150 € Librería el Cisne Elena Outeiral
|
100 € Tiendas Cosmos Justo Loño
|
BICI Mercafrutas Encarna
|
250 Café Literario Ágora Alfonso Fabeiro
|
150 Carnicería O jalo Saray Boo
|
100 Restaurante Arume María Dolores Abuín
|
bici Multiservicios N13 Alejandra Tubío
|
A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda se van sortear 500 € e 1 bici ao remate de cada unha das 2 quincenas de agosto (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros + a bici)
Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal
A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia
Sorteos cada quincena
Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de xullo >> sorteo o 18 de xullo XA REALIZADO
Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de xullo >> sorteo o 1 de agosto XA REALIZADO
Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto
Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro
Premios
2000 € > 500€ cada quincena
1 premio de 250 €
1 premio de 150 €
1 premio de 100 €
1 bicicleta