Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 

ESPECTACULAR NOITE ABERTA EN BOIRO O PASADO SÁBADO 10 DE XUÑO

 

  • Os establecementos participantes trasladaron ó presidente da ABE as súas boas sensacións nesta nova edición.
  • Cos datos que nos constan podemos confirmar que foi unha das mellores Noites Abertas que vimos celebrando ata agora
  • Preto de 700 persoas en 3 horas realizaron unha tirada na ruleta da sorte recibindo todas o seu premio.

 

De gran éxito podemos calificar esta Noite Aberta celebrada o pasado sábado 10 de xuño en Boiro na que os descontos e animación nas rúas foron os principais protagonistas da xornada na que o tempo tamén nos acompañou.

Unha treitena de establecementos comerciais e de hostalaría animáronse a participar e a colocar a bandeira como distintivo na entrada dos seus negocios.

Entre as particularidades da Noite Aberta de Boiro figurou o feito de que non se estableceu un horario unificado de peche, ainda que a maioría dos participantes na cita decidiron prolongaron a súa xornada ata as 23.00 horas.

 

Animación e premios
 

Como alicientes, a cita incluiu na rúa peonil entre as 18.30 e as 21.30, a instalación dunha ruleta da sorte, cada ticket superior a 10€ dos establecementos participantes daba dereito a 1 tirada.

A inmensa acollida que tivo a ruleta da sorte entre os clientes foi impresionante, na primeira 1/2 hora xa se entregaran os 3 premios estrella de 50€ cada un en bonos abe para gastar nas empresas asociadas.

En total realizaron a súa tirada preto de 700 persoas que levaron todas o seu premio como por exemplo bolsas de algodón orgánico, mochilas, brazaletes para móbil, colgantes para móbil, libros para os cativxs, pistolas de praia, golosinas, xoguetes, etc...

A participación na ruleta superou todas as nosas expectativas ata o punto de ter que repoñer novos premios para que os clientes puideran seguir participando e recibindo os seus premios. ata o horario final.

Xunto cos premios da ruleta tamén entregamos centos de entradas para os inchables que estaban na praza de Galicia, e nos que tamén houbo unha gran afluencia de xente, estas entradas tamén se podían conseguir coas compras nos establecementos participantes.

A animación itinerante correo a cargo do grupo de música pequenos do barbanza que amenizaron a sesión vermut por todas as rúas de Boiro, e o circo pista catro fixo que fixo seu gran espectáculo pola tarde.