Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

ESTA FINDE, FESTA DO COMERCIO EN BOIRO

 

  • Venres Black Friday e sábado Noite aberta
  • Descontos e actividades especiais nas tendas ambos días
  • O concello de Boiro organiza un completo programa de actividades de animación de rúa

 

Boiro 23 de novembro de 2022

A ABE e Concello de Boiro organizan un programa dobre para esta finde onde os protagonistas serán os descontos e a animación das  rúas.

O venres 26 terá lugar o Black Friday con descontos especiais nos establecementos participantes e o sábado unha nova edición da Noite Aberta que continuará cos descontos e sumaranse as actividades especiais nas tendas con degustacións, agasallos, sorteos e moitas mais sorpresas.

Ademais os descontos son compatibles cos Bonos Activa Comercio, que se poden utilizar nos comercio adheridos a esta promoción da Xunta de Galicia.

Os establecementos participantes nesta iniciativa estarán sinalizados coas bandeiras rosas da Noite Aberta e pódense consultar os participantes, descontos e actividades aquí 

O concello de Boiro súmase a esta  FESTA DO COMERCIO cun amplo programa de actividades de musicais, infantís e de animación itinerante polas rúas comerciais da vila co seguinte detalle:

Venres 

 _18.30 h_ Os trasnos revoltosos (Sarao Animación)_Itinerante

 _20.30 h_ Blues do País_ Terraza do Barbantia

Sábado

_11.30 /13.30 h_ Obradoiros de reciclaxe e maquillaxe creativo para nen@s_Rúa peonil

_12.30 /14.30 h_ Mekánica Rolling Band_Itinerante

_17.30 h_ Damas das rosas e photocall (Sarao Animación) _Itinerante / Rúa Peonil

_18.30 h_ Mezzo ( Pistacatro)_ Itinerante

_20.00 h_ Coro Encaixe_ Itinerante

Ruleta da Sorte da ABE

Os clientes que realicen as súas compras estes dous días terán premios directos coa ruleta da sorte da ABE.

A ruleta estará situada o sábado na Rúa Pablo Iglesias dende as 16:30 e ata as 20:30 hs e cada tícket de mais de 10 € do venres ou do sábado dará dereito a realizar unha tirada coa que os clientes poderán gañar agasallos directos como; tazas, bolsas de algodón orgánico, golosinas, xoguetes, colgantes e brazaletes para o móbil, mochilas ...

Recordar que soamente son válidos os tíckets dos establecementos participantes nesta edición da Festa do Comercio.