ESTE FINDE, DOBRE EDICIÓN DA NOITE ABERTA EN BOIRO
- Descontos durante os dous días, sorteos, agasallos, sorpresas e animación de rúa serán os ingredientes desta cita
- Sortearase un premio presencial de 1.000€ entre as compras da finde.
- Instalarase unha jaima para cambiar os tíckets por rifas e con actividades para os cativos.
Boiro 21 de novembro de 2023
A ABE organiza unha edición dobre da NOITE ABERTA este venres 24 e sábado 25 de novembro no que os ingredientes fundamentais serán os descontos, sorteos, agasallos e actividades nas rúas con música e obradoiros infantís.
Os comercios ofrecerán importantes descontos durante os dous días e realizarán actividades especiais como degustacións, sorteos, reparto de agasallos, premios directos con compras, djs ...
31 negocios participarán nesta iniciativa con incorporación de novos sectores como alimentación, florería e incluso un taxi que ofrecerá descontos nas súas carreiras.
Os negocios estarán sinalizados con globos rosas elaborados para a ocasión e repartirán piruletas de cereixa entre os clientes.
Sorteo presencial de 1000€
A novidade desta edición e a posibilidade que teñen os clientes que realicen as súas compras durante a fin de semana de participar nun sorteo presencial de 1.000€ en bonos ABE.
Será un premio para unha única persoa e sortearase ata que un dos presentes sexa agraciado.
Participar é moi sinxelo, soamente deberán realizar unha compra en calquera dos negocios participantes e cambiar o tícket na jaima instalada na rúa peonil por 1 rifa para o sorteo.
Cada compra de mais de 10€ dará dereito a unha participación no sorteo.
O horario para cambiar os tíckets por rifas é venres e sábado de 18:30 a 20:30 hs e o sorteo presencial será o sábado 25 ás 21:00 hs na propia jaima
Actividades infantís
Na propia jaima os cativos da casa poderán participar en obradoiros de tatuaxe e globoflexia e haberá música, piruletas e globos para os que a visiten.
O horario das actividades infantís coincidirá cos de cambio de tíckets venres e sábado de 18:30 a 20:30 hs.
Animación de rúa e 25 N
O sábado, o concello de Boiro programará diferentes actividades con motivo do 25N entre elas destaca unha charanga composta exclusivamente por mulleres que animará as rúas de Boiro durante a tarde do sábado.
Ademais nos comercios organízanse diferentes actividades especiais que se poden consultar, xunto cos descontos e o resto do programa tanto na web da ABE www.abe.gal como nas redes sociais.
A Noite Aberta de Boiro conta coa colaboración do Concello de Boiro e está cofinanciada pola Xunta de Galicia.
CONSULTA OU DESCARGA O FOLLETO DE OFERTAS E NEGOCIOS PARTICIPANTES
BASES DA CAMPAÑA