EU#CONSUMOLOCAL, EU#SONBOIRO
- A nova campaña da ABE xa está nas rúas de Boiro
- Os protagonistas son 8 clientes do comercio local
- Conta cunha parte física e outra online
Boiro 25 de outubro de 2022
A patronal de Boiro lanza unha nova campaña de promoción empresarial na que os clientes das empresas asociadas son os protagonistas.
Dende hoxe os rostros de oito clientes van a estar moi presentes na vida diaria dos veciñx de Boiro xa que coa primeira parte desta campaña serán 50 pancartas, 2 monolitos de 2,5 metros e 1 mupi colocados polas rúas de Boiro nos recordarán cales son as razón polas que mercan na localidade e calen son os beneficios de consumir no pobo.
En palabras do presidente da ABE, Daniel García, “A campaña denominada EU #consumolocal , EU #sonboiro ten como obxectivo concienciar á cidadanía dos beneficios de mercar en Boiro”
Os protagonistas e as frases
- ISA - Porque me ofrecen asesoramento especializado.
- SONIA - Porque cos negocios abertos Boiro é seguro, luminoso e ten mais vida.
- DANIEL - Porque podo mercar produtos frescos e de tempada que son sinónimo de calidade.
- COCÓ - Porque os negocios locais xeneran emprego para os veciños
- ROSI - Porque colaboran coas actividades deportivas, sociais e culturais do pobo.
- SARA - Porque favorecen a compra racional e unha economía sostible
- DANIEL - Porque aforro tempo e podo dedicarllo aos que máis quero.
- JOSÉ - Porque atopo artigos especializados que aportan exclusividade.
Parte online
García explicou que “ En paralelo á parte física existe unha parte online na que cada semana farase unha publicación en redes e web coas fotografías dos protagonistas e o venres lanzarase un vídeo protagonizado por estes mesmos protagonistas que será o punto forte da parte máis dixital da campaña”
A campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do concello de Boiro que dende a Alcaldía e a concellería de comercio ofreceron de novo a máxima colaboración para as actividades desarrolladas polo colectivo.