Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://twitter.com/empresasboirohttps://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

EU#CONSUMOLOCAL, EU#SONBOIRO

 

  • A nova campaña da ABE xa está nas rúas de Boiro
  • Os protagonistas son 8 clientes do comercio local
  • Conta cunha parte física e outra online

Boiro 25 de outubro de 2022

A patronal de Boiro lanza unha nova campaña de promoción empresarial na que os clientes das empresas asociadas son os protagonistas.

Dende hoxe os rostros de oito clientes van a estar moi presentes na vida diaria dos veciñx de Boiro xa que coa primeira parte desta campaña serán 50 pancartas, 2 monolitos de 2,5 metros e 1 mupi colocados polas rúas de Boiro nos recordarán cales son as razón polas que mercan na localidade e calen son os beneficios de consumir no pobo.

En palabras do presidente da ABE, Daniel García, “A campaña denominada EU #consumolocal , EU #sonboiro ten como obxectivo concienciar á cidadanía dos beneficios de mercar en Boiro”

Os protagonistas e as frases

 

  1. ISA - Porque me ofrecen asesoramento especializado.

 

  1. SONIA - Porque cos negocios abertos Boiro é seguro, luminoso e ten mais vida.

 

  1. DANIEL - Porque podo mercar produtos frescos e de tempada que son sinónimo de calidade.

 

  1. COCÓ - Porque os negocios locais xeneran emprego para os veciños

 

  1. ROSI - Porque colaboran coas actividades deportivas, sociais e culturais do pobo.

 

  1. SARA - Porque favorecen a compra racional e unha economía sostible

 

  1. DANIEL - Porque aforro tempo e podo dedicarllo aos que máis quero.

 

  1. JOSÉ - Porque atopo artigos especializados que aportan exclusividade.

 

Parte online

García explicou que “ En paralelo á parte física existe unha parte online na que cada semana farase unha  publicación en redes e web coas fotografías dos protagonistas e  o venres lanzarase un vídeo protagonizado por estes mesmos protagonistas que será o punto forte da parte máis dixital da campaña”

A campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do concello de Boiro que dende a Alcaldía e a concellería de comercio ofreceron de novo a máxima colaboración para as actividades desarrolladas polo colectivo.