Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

 

FALAME SEMPRE ESPECIAL 10º ANIVERSARIO

  • A nova edición do evento de moda que se celebra baixo formato PECHA KUCHA terá lugar o o xoves 18 de abril.
  • Será unha edición especial polo 10º aniversario no que se presentará un vídeo e unha publicación conmemorativa.
  • Contaremos con 5 poñentes que terán pouco mais de 6 minutos para explicarnos a súa experiencia
  • O público que asista ao acto recibirá unha bolsa coa publicación e diverso merchandising conmemorativo do evento.

 

Boiro, 8 de abril de 2024

 

A A.B.E. coa colaboración do CONCELLO DE BOIRO organiza unha edición especial dun dos eventos mais agardados na programación anual da asociación, o pecha kucha de experiencias innovadoras con empresas creativas que celebrase o xoves 18 de abril ás 20:30 horas no salón de actos da ABE.

Contaremos coa participación de 5 iniciativas innovadoras que explicarán ao público “como o fan” para servir de inspiración a empresarios, emprendedores e demais asistentes ao evento.

Na edición deste ano acompañarannos:

REVENIDAS VILAXOÁN

https://revenidas.com/

O festival Revenidas naceu a partir dunha festa popular que se celebraba na vila mariñeira de Vilaxoán, na que os veciños compartían e degustaban un dos froitos máis cobizados do seu traballo: as sardiñas asadas, que neste lugar chámanse, precisamente, revenidas. De aí toma o nome o festival.

QUINTEIRO DOCE

https://www.instagram.com/tembra.quinteirodoce/?hl=es

Produtos artesáns con cultura e arte do país para papar ti ou para agasallar a quen ben queres e

distribuídos a través do comercio local galego.

TRIANGULO DE AMOR BIZARRO

https://triangulodeamorbizarro.com/

O grupo con base en Barbanza toma o seu nome da canción «Bizarre Love Triangle» do grupo británico New Order. En 2007 fichan polo sello Mushroom Pillow e graban o seu primeiro disco, Triángulo de Amor Bizarro.

Na actualidade contan con 7 LP e numerosos singles es son unha das bandas de referencia no panorama Indie nacional.

CHARLATANA

https://charlatana.org/

CHARLATANA é un novo espazo galego de creación, produción e distribución propia que integra diversas disciplinas artísticas: circo, música, teatro infantil e contos.

Charlatana nace para crear un espazo de cooperación no que conflúan diversas propostas artísticas onde o obxectivo común é DIVERTIR e EDUCAR.

A través do humor, o espíritu crítico, e o debate en escena, Charlatana crea espectáculos que integran valores como a igualdade, a cooperación, a reciclaxe e a cultura e lingua galegas.

Tres compañías configuran este proxecto: Tropa de Trapo, Peter Punk Pallaso e Blues do País.

ANTON RIVEIRO COELLO

https://editorialgalaxia.gal/autor/riveiro-coello-anton/

(Xinzo de Limia, 1964). É un dos autores de máis prestixio da narrativa galega actual e, entre a súa obra, traducida a varias linguas, destaca Valquiria (1996), Premio Camilo José Cela; Parque Central e outros relatos (1996); A historia de Chicho Antela (1997); A quinta de Saler (Galaxia, 1999), Finalista Premio Torrente Ballester; Animalia (Galaxia, 1999), Premio Café Dublín; As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000), Premio García Barros; Homónima (Galaxia, 2001), Premio Álvaro Cunqueiro; Cartafol do Barbanza (2002); A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003); Limaiaé (2005); Casas Baratas (Galaxia, 2005); A voz do lago (Galaxia, 2007), Os ollos de K (Galaxia, 2007), Finalista Premio Novela Europea Casino de Santiago; As pantasmas de auga (2010); Laura no deserto (Galaxia, 2011), Premio da Crítica Española, Premio de Narrativa da AELG e Premio Frei Martín Sarmiento; Acordes náufragos (Galaxia, 2013); Os elefantes de Sokúrov (Galaxia, 2015), Premio Fervenzas Literarias; A ferida do vento (Galaxia, 2016), Premio Frei Martín Sarmiento; Á sombra dos bonsais (Galaxia, 2017); e O paraiso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019 (Galaxia,2020)

Edición especial 10º aniversario

Con motivo do 10º aniversario do evento proxectarase un vídeo retrospectivo e presentarase unha publicación conmemorativa na que se recopila a información de todos os convidados.

Ademais o público que asista ao acto recibirá unha bolsa coa publicación e diverso merchandising conmemorativo do evento.

Recordar que a entrada é libre e gratuíta pero que é preciso reservar asento xa que o aforo limitase a 80 butacas do salón de actos da ABE onde ao remate servirase un pincho.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar