FINALIZADO O PROGRAMA ESPECIALIZADO EN FERRAMENTAS DE MARKETING DIXITAL PARA A PEME
- O programa impartiuse durante 6 xordanas de 8 horas na aula de formación multimedia da ABE.
- Cada área temática impartida por docentes de prestixio como Gonzalo Garré, Carlos Otero, ou Javier Varela.
- A acción formativa contou coa financiación da Unión Europea a través do plan nextgeneration, do Goberno de España e do Concello de Boiro.
Boiro 29 de febreiro de 2024
Esta semana finalizou con éxito o programa especializado en ferramentas de marketing dixital para a peme dirixido a persoal das empresas asociadas, unha formación de alto nivel impartida pola escola de negocios IESIDE.
O programa, que impartiuse durante 6 xordanas de 8 horas na aula de formación multimedia da ABE, tivo como obxectivo aportarlle ás empresas os conceptos e ferramentas que lles permita optimizar a súa relación co entorno a través dos medios dixitais, especialmente cos seus clientes actuais e potenciais.
O programa estruturado en 6 sesións temáticas abondou en contidos tan importantes como o entorno legal e a perspectiva ética, a dixitalización da canle de vendas, as métricas e analítica web ou as estratexias en posicionamento e buscadores.
Cada área temática impartida por docentes de prestixio como Gonzalo Garré, Director dos programas MBA e Máster SAP de IESIDE, Marketing Advisor en Hacce
Soluciones TIC, paus lol e coordinador de Marketing e Desarrollo de Negocio de IESIDE , Carlos Otero, Director de Marketing en Alotofus ou Javier Varela Director de Marketing en Toc Toc Media e Director de Toc Toc School, Interim Marketing Manager en Gradiant.
En definitiva, un luxo para os alumnos que puideron asistir e completar o programa.
Recordar que esta acción formativa contou coa financiación da Unión Europea a través do plan nextgeneration, do Goberno de España e do Concello de Boiro.