Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 XA TEMOS GAÑADORES DOS BONOS BOIRO ROMÁNTICO

 

  • Os gañadores poderán configuran a súa medida o premio
  • Cada un deles está valorado en 100 € e non ten caducidade

 

Boiro 15 de febreiro de 2023

Esta mañá tivo lugar na sede da ABE o sorteo dos premios da campaña de San Valentín celebrada entre o 3 e o 14 de febreiro co obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados.

Nesta ocasión os premios a sortear foron dúas experiencias románticas en Boiro para dúas persoas que poden incluír dende comer, sobremesa, café, tomar algo, cear, baile e copas, aloxamento ou mesmo ata un taxi para desprazarse. 

Dúas experiencias totalmente configurables ao gusto das parellas premiadas.

Para participar no sorteo os clientes debían rexistrar os tíckets de compra de calquera negocio asociado a ABE na web www.abe.gal entre as datas indicadas e foron 699 os rexistros válidos entre os que se realizou o sorteo.

As persoas premiadas foron Teresa por unha compra realizada en Jealsa Factory Shop e Carla Romero por unha compra realizada en Deportes Sr Balón.

Recordar que todos os tíckets rexistrados tamén acumulan puntos para cambiar por agasallos do catálogo de premios ABE durante todo o ano.

Esta campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia.