Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroabertohttps://www.instagram.com/empresasboiro/?hl=es

ACTIVIDADES DA CAMPAÑA DO NADAL DA ABE 2024

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 CAMPAÑA DO NADAL 

 

Este nadal en Boiro todos os días teñen premio.

Sortearanse 100€ cada día da campaña, 30 días, 30 premios. Os clientes so teñen que rexistrar os tíckets de compra na web da ABE e cada día realizarase un sorteo entre eles.

Para o sorteo son válidos os tíckets e facturas dos 207 negocios asociados.

Consulta aquí as bases da campaña

Regalo de 5.000 bolsas de algodón

Os negocios participantes nesta parte da campaña (73) entregarán 5.000 bolsas de algodón orgánico cun deseño especial do corazón de somos Boiro en cores vermella e verde de xeito gratuíto entre os seus clientes ata esgotar existencias.

Sábado 21 de decembro Recepción de Papá Noel aos nenos de Boiro

Horario 12:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas

O sábado 21 de decembro terá lugar a recepción de Papa Noel aos nenos de Boiro na praza do concello e presentando un tícket ou factura de compra de mais de 10€ de calquera dos 207 socios da ABE (poden acumularse)  poderá facerse unha foto especial con Papa Noel e levala de agasallo (tamaño 10x15) xunto cunha bolsa de bombóns co logo de somos Boiro.

Sorteo de premios cartas reis magos

Os negocios participantes nesta parte da campaña (73) terán dispoñibles cartas para que os cativos escriban aos reis magos. Deberán depositalas no Buzón real situado na praza do concello e entre todas as cartas recibidas sortearanse 3 BONOS ABE ESPECIAL CUMPREANOS por un valor de 100€ para que o/as 3 neno/as gañadore/as os destinen á súa festa de cumpreanos (tarta, agasallos, roupa, deportes, libros, comida, bebida ....)

Descarga aquí a carta para SSMM Os Reis Magos

Visita de Papa Noel e os paxes reais aos negocios participantes

Papa noel + elfo lus 23 de decembro de 10:30 a 13:30 hs e de 17:30 a 20:30 horas, Martes 24 de decembro de 10:30 a 13:30

Paxe real xoves 2 de 10:30 a 13:30 , venres 3 e sábado 4 de 17:30 a 20:30 horas

Consulta os negocios, días e os horarios premendo aquí.

 Os 73 negocios anotados a esta parte da campaña recibirán a visita de Papa Noel ( 23 ou 24 decembro) e paxe real (2, 3 ou 4 de xaneiro) que entregará unha bolsa de bombóns co logo de somos Boiro, farase unha foto no negocio e regalará piruletas aos nenos que se atope alí ou polo camiño.

LISTADO COMPLETO DE PERSOAS PREMIADAS

 

 

 

CONSULTA AS PERSOAS PREMIADAS NOS SORTEOS DA CAMPAÑA DO NADAL

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar