JAVIER SUSAVILA GAÑADOR DO PREMIO DE 1.000 DA CAMPAÑA DO NADAL DA ABE
- O premiado realizou a súa compra en Calzados Marlú Boiro
- Na campaña sorteáronse 2.000€ en bonos ABE, 2 lotes de produtos da praza de Abastos de Boiro e 3 lotes de xoguetes.
- Rexistráronse 4.916 tíckets de compra
Boiro 15 de xaneiro
Na mañá de hoxe celebrouse na sede da ABE o último dos sorteos da campaña do nadal entre os 4.916 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 5 de decembro e o 14 de xaneiro.
A persoa premiada foi Javier Susavila Otero por unha compra realizada en Calzados Marlú Boiro que recibirá 1.000€ en bonos ABE que poderá gastar, sen caducidade, nos 202 negocios asociados á patronal de Boiro.
Este foi o último dos sorteo da campaña que entregou 2.000€ en Bonos ABE, 4 lotes de produtos da praza de abastos de Boiro e 3 lotes de xoguetes.
Os lotes de xoguetes sorteáronse entre as mais de 800 cartas que os cativos de Boiro depositaron no buzón da ABE e que recaeron en Pablo (10 anos), Gabriela (8anos) e Nerea (9 anos).
A entrega de tódos os premios terá lugar este xoves 18 de xaneiro ás 13:45 hs no salón de actos da ABE.
Para finalizar so resta agradecer aos negocios asociados a súa participación na campaña e a todos os clientes que realizaron as súas compras nos negocios locais de Boiro este Nadal e animar a todos a seguir rexistrando os tíckets de compra en www.abe.gal para acumular puntos e participar en novos sorteos.