Mais de 150 empresarios e empresarias ateigaron a Pousada da Galiza Imaxinaria nunha noite moi especial na que Jealsa e The Desire Shop acadaron os premios ABE á mellor empresa e mellor comercio respectivamente e acompañaron ao xa anunciado premio de honra de José García Sánchez.
O acto foi presentado por MARÍA LADO (ante a baixa de ultima hora por enfermidade de Quico Cadaval) poeta, actriz e narradora nacida en Cee gañadora do certame de Poesía María Mariño.
Trala recepción e paso dos invitados polo photocall instalado para a ocasión comezou a gala coa introdución de María na que explicou que “Esta será a 4ª edición tralo parón forzoso do pasado ano. Uns premios que naceron co obxectivo de premiar a labor daquelas empresas asociadas que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa terra. Estes premios teñen mais mérito se cabe xa que son votados polos propios socios e socias da ABE ademais este ano inclúese como novidade un premio de honra outorgado pola xunta directiva da asociación”
Feita a intro foi a quenda do presidente da ABE co seu discurso inaugural no que quixo destacar “a altísima participación xa que se bateron todos os récords acadando a cantidade de 660 votos, case 200 mais que na ultima edición” e indicou que “a proba do éxito e expectación que xeneran estes premios e a vosa asistencia masiva hoxe xa que non é nada doado congregar nun mesmo acto a mais de 150 empresarixs”
Tamén quixo facer balance do ano “un ano complicado polas implicacións que se derivaron da pandemia pero tamén un ano esperanzador no que agardamos sexa o relanzamento definitivo da economía local”
“Polas dificultades que houbo, pero tamén podemos manifestar certa alegría e agardar por un relanzamento da economía local. Fixemos 28 novos socios, algo excepcional co covid, e tamén conseguimos 182.000 euros en axudas para que os boirenses invistan nos seus negocios. Estes premios son un acto simbólico que demostra a unión dos nosos membros”
Tralos agradecementos e felicitacións aos premiados María Lado foi a encargada de ir chamando aos premiados e ás persoas encargadas de entregar os premios, todo elo salpicado de contos, chistes e anécdotas que fixeron as delicias do público.
ORDE DE ENTREGA DOS PREMIOS
|
PREMIO / RECOLLE
|
GAÑADOR /ENTREGA
|
FINALISTA MELLOR COMERCIO
|
LIBRERÍA EL CISNE
|
RAFAEL GARCÍA (Propietario)
|
JESUS SANTAMARIA - TESOUREIRO ABE
|
FINALISTA MELLOR COMERCIO
|
ESTACIÓN DE SERVIZO GARLOU
|
MARGARITA LOUREDA
|
CRISTIAN LAGO - VOGAL ABE
|
PREMIO MELLOR COMERCIO
|
THE DESIRE SHOP
|
CRISTINA CERQUEIRAS E JOSE MANUEL IGLESIAS
|
MIGUEL TRIÑANES - PROPIETARIO DO SUPERMERCADO CLAUDIO DE CABO DA CRUZ E GAÑADOR DO PASADO ANO
|
|
|
FINALISTA MELLOR EMPRESA
|
RESTAURANTE MOANIN
|
LUIS MANUEL TOBAR (Propietario)
|
JAVIER CAAMAÑO- VICEPRESIDENTE ABE
|
FINALISTA MELLOR EMPRESA
|
ASOCIACIÓN AMICOS
|
MIGUEL, ADRIANA Acompañando a DINA IGLESIAS (vicepresidenta Amicos)
|
JOSE RAMÓN ROMERO -ALCALDE DE BOIRO
|
PREMIO MELLOR EMPRESA
|
JEALSA RIANXEIRA
|
MARGARITA HERMO FIGUEIRA (Diretora Relacións Institucionais )
|
MOISES PICÓN - PROPIETARIO DE ESTUDIO DE INTERIORISMO MOAI E GAÑADOR EDICIÓN PASADA
|
|
|
PREMIO DE HONRA
|
JOSE MARIA GARCÍA SANCHEZ
|
JOSE MARIA GARCÍA SANCHEZ
|
DANIEL GARCÍA PRESIDENTE DA ABE
|
Moi emotiva a entrega dos premios a mellor comercio e mellor empresa polos gañadores do pasado ano, un acto simbólico que amosa a unión dos membros da ABE e que fai bo o lema das últimas campañas de #xuntosfacemosboiro #todossomosboiro
Premio de honra
Antes de entregar o premio de honra a presentadora chamou de novo ao escenario a Daniel García que foi o encargado de introducir este premio
“Está é unha categoría nova nos premios ABE. Un premio que decide a Xunta Directiva da asociación e que trata de poñer en valor a traxectoria dun empresario ou empresaria na que a súa xestión representara un exemplo para os emprendedores da localidade e que a empresa que lidera tivera xerado riqueza e emprego en Boiro”
O presidente quixo destacar algúns dos motivos que levaron á xunta directiva a otorgar este premio “Pola súa capacidade de reinvención e resiliencia en momentos de crise, pola súa traxectoria ao fronte dunha das empresas mais recoñecidas da localidade acadando unha carteira de mais de 4.000 clientes, por seguir ao fronte do mesmo negocio durante mais de 40 anos, pola súa aposta pola sostibilidade e a responsabilidade social corporativa desenvolvendo numerosas campañas neste eido e pola súa implantación no territorio e a colaboración con numerosas entidades e colectivos sociais, culturais e deportivos”
Nesta primeira edición o galardón recaeu en JOSÉ GARCÍA SÁNCHEZ, propietario de García Sánchez Boiro, S.L. que desarrolla a súa actividade como corredoría de seguros e xestora inmobiliaria e que acompañado da súa familia e de todos os traballadores recolleu o galardón.
Realizada a entrega María Lado continuou coa condución da gala sendo a quenda de que o Alcalde de Boiro, Jose Ramón Romero subira ao escenario e dirixira unhas palabras nas que quixo agradecer o traballo da ABE a prol da promoción económica do concello e felicitar aos premiados.
A gala remata coas fotos de familia dos premiados e cunha degustación de pinchos especialmente preparados para a ocasión.