Finalizado o prazo para que os socios e socias da ABE escolleran aos gañadores dos premios deste ano cabe destacar a altísima participación xa que se bateron todos os récords acadando a cantidade de 660 votos, case 200 mais que na ultima edición.En canto as curiosidades podemos indicar que na categoría de mellor comercio ata 55 empresas diferentes recibiron votos e na de mellor empresa 52.
As empresas premiadas e os finalistas desvelaranse durante a gala de entrega de premios.
Premio de honra
Está é unha categoría nova nos premios ABE. Un premio que decide a Xunta Directiva da asociación e que trata de poñer en valor a traxectoria dun empresario ou empresaria na que a súa xestión representara un exemplo para os emprendedores da localidade e que a empresa que lidera tivera xerado riqueza e emprego en Boiro.
Valóranse ademais actuacións no plano da Responsabilidade Social Corporativa e a colaboración co tecido social e cultural do municipio
Nesta primeira edición o galardón recaerá en JOSÉ Mª GARCÍA SÁNCHEZ, propietario de García Sánchez Boiro, S.L. que desarrolla a súa actividade como corredoría de seguros e xestora inmobiliaria
A directiva argumentou os seguintes motivos para a elección deste gañador:
- Pola súa capacidade de reinvención e resiliencia en momentos de crise.
- Pola súa traxectoria ao fronte dunha das empresas mais recoñecidas da localidade acadando unha carteira de mais de 4.000 clientes.
- Por seguir ao fronte do mesmo negocio durante mais de 40 anos.
- Pola súa aposta pola sostibilidade e a responsabilidade social corporativa desenvolvendo numerosas campañas neste eido.
- Pola súa implantación no territorio e a colaboración con numerosas entidades e colectivos sociais, culturais e deportivos.
Gala de entrega de premios
A gala terá lugar o vindeiro xoves 18 de novembro a partir das 20:30 hs na POUSADA DA GALIZA IMAXINARIA.
Escolleurse esta localización para contar cun espazo amplo que nos permita ter mais aforo, cumplir con todas as medidas de seguridade e tamén visibilizar o apoio da asociación ao colectivo do ocio nocturno, un dos mais perxudicados durante a pandemia.
A presentación do acto recaerá no actor, director, adaptador teatral e narrador de contos Quico Cadaval.
A entrada é exclusivamente con invitación e contaremos con Photocall, musica, pinchos e sobre todo a presenza do tecido empresarial Boirense no que será a festa dos empresarios de Boiro.