Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

Finalizado o prazo para que os socios e socias da ABE escolleran aos gañadores dos premios deste ano cabe destacar a altísima participación xa que se bateron todos os récords acadando a cantidade de 660 votos, case 200 mais que na ultima edición.En canto as curiosidades podemos indicar que na categoría de mellor comercio ata 55 empresas diferentes recibiron votos e na de mellor empresa 52.

As empresas premiadas e os finalistas desvelaranse durante a gala de entrega de premios.

Premio de honra

Está é unha categoría nova nos premios ABE. Un premio que decide a Xunta Directiva da asociación e que trata de poñer en valor a traxectoria dun empresario ou empresaria na que a súa xestión representara un exemplo para os emprendedores da localidade e que a empresa que lidera tivera xerado riqueza e emprego en Boiro.

Valóranse ademais actuacións no plano da Responsabilidade Social Corporativa e a colaboración co tecido social e cultural do municipio

Nesta primeira edición o galardón recaerá en JOSÉ Mª GARCÍA SÁNCHEZ, propietario de García Sánchez Boiro, S.L. que desarrolla a súa actividade como corredoría de seguros e xestora inmobiliaria

A directiva argumentou os seguintes motivos para a elección deste gañador:

  • Pola súa capacidade de reinvención e resiliencia en momentos de crise.
  • Pola súa traxectoria ao fronte dunha das empresas mais recoñecidas da localidade acadando unha carteira de mais de 4.000 clientes.
  • Por seguir ao fronte do mesmo negocio durante mais de 40 anos.
  • Pola súa aposta pola sostibilidade e a responsabilidade social corporativa desenvolvendo numerosas campañas neste eido.
  • Pola súa implantación no territorio e a colaboración con numerosas entidades e colectivos sociais, culturais e deportivos.

Gala de entrega de premios

A gala terá lugar o vindeiro xoves 18 de novembro a partir das 20:30 hs na POUSADA DA GALIZA IMAXINARIA.

Escolleurse esta localización para contar cun espazo amplo que nos permita ter mais aforo, cumplir con todas as medidas de seguridade e tamén visibilizar o apoio da asociación ao colectivo do ocio nocturno, un dos mais perxudicados durante a pandemia.

A presentación do acto recaerá no actor, director, adaptador teatral e narrador de contos Quico Cadaval.

A entrada é exclusivamente con invitación e contaremos con Photocall, musica, pinchos e sobre todo a presenza do tecido empresarial Boirense no que será a festa dos empresarios de Boiro.