Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

  

 MILES DE PERSOAS PARTICIPAN NA FESTA DESPEDIDA DO VERÁN

 

  • Os negocios asociados á patronal Boirense ofreceron centos de produtos a prezos de liquidación durante toda a fin de semana
  • Repartiron gratuitamente aos seus clientes 2.000 bolsas de algodón
  • Os rexistros de tíckets na aplicación da ABE multiplicaron por 3 os do mesmo período da semana anterior.
  • Xa se coñecen as persoas gañadoras dos premios de 1 carro da compra e 50€ en bonos ABE.
  • As atraccións infantís situadas na praza de Galicia estiveron ateigadas de cativada
  • O fin de festa co concerto tributo a maná congregou a miles de persoas.

 

Boiro 28 de agosto de 2023

Un “exito total” a Festa final de verán celebrada na fin de semana en Boiro que compaxinou a liquidación dos stocks dos comercios cun amplo cartel de actividades de todo tipo.

Miles de clientes e visitantes acudiron a esta nova cita que sen dubida veu para quedarse e que comezou coa iniciativa Stocks Fora na que os negocios asociados á ABE ofreceron miles de produtos a prezos de liquidación durante toda a fin de semana ademais as compras ían acompañadas do agasallo dunha bolsa de algodón (repartíronse 2000) e de sorteos de premios.

A sinal de que o nivel de vendas foi moi alto veu polo dato de rexistro de tíckets de compra na aplicación da web da ABE xa que en so 48 horas (venres 25 e sábado 26) rexistráronse nada mais e nada menos que 541 compras que comparadas, por exemplo, coas mesmas 48 horas da fin de semana anterior a do 18 e 19 de agosto na que foron 185 supuxeron un aumento do 292%, é dicir, multiplicáronse por 3. 

Respecto dos premios o sorteo realizouse está mañá na sede da patronal e as persoas gañadoras dos carros da compra e de 50€ foron para:

 

PERSOA PREMIADA

NEGOCIO ONDE REALIZOU A COMPRA

ANA VAZQUEZ DIESTE

NUMERO 13

MARÍA DIESTE PLACES

TIENDAS PILLADOS

PATRICIA

LOLITA MODA

CRISTINA RODRIGUEZ CESPON

MERCERÍA LOREMA

LAURA SILVA LÓPEZ

ELECTRODOMÉSTICOS OTERO

 

As persoas gañadoras poderán utilizar os seus bonos ABE para gastar en calquera das 201 empresas asociadas e non teñen caducidade.

En relación as actividades paralelas cabe destacar a multitude de nenas e nenos que acudiron a divertirse nos inchables, toro mecánico e festa da espuma que tiveron lugar durante o venres e sábado e tamén tiveron moito seguimento ás animacións que programou o Concello de Boiro polas rúas da localidade.

O fin de festa que se celebrou o parque da cachada non foi menos e durante todo o día as actuacións musicais e degustacións contaron con multitude de visitantes pero sen dúbida o momento alxido foi o concerto da grupo +dMANÁ que liderados polo carismático cantante italiano Luca Lavelli fixeron as delicias do público.

A valoración do presidente da ABE foi “altamente positiva xa que con esta iniciativa conseguimos atraer a Boiro a numeroso público que consumiu na localidade tanto nos comercios coma nos locais de hostalería que era o obxectivo da campaña” e amosou a intención da entidade de “seguir potenciando esta cita para que se estableza definitivamente no programa de actividades da Asociación e do concello”