A Asociación Galega de Xerentes de CCAS, da que forma parte a ABE, pon en marcha, desde o 1 ao 12 de abril, unha campaña de promoción comercial denominada, “A MORRIÑA NON TEN BRAZOS PERO APERTA O CORAZÓN”, cos obxectivos de:
- Dar a coñecer esta nova asociación formada polos xerentes de Centros Comerciais Abertos e Urbanos de Galicia.
- Recordar aos nosos clientes que o comercio local está ao seu carón, nestes momentos duros e seguirá estando cando entre tod@s venzamos ao Covid-19.
- Premiar a fidelidade dos clientes do comercio de proximidade, transmitindo unha imaxe de unidade do noso tecido comercio.
Para participar nesta campaña @s interesad@s deberán acceder á conta de facebook da Asociación e buscar o post do concurso.
Preme aquí para participar
A participación é moi sinxela, xa que só haberá que compartir o post de maneira pública, facer un comentario indicando o que botan de menos do comercio local cun texto, debuxo, foto ou vídeo e indicar a poboación onde lles gustaría comprar no caso de gañar un dos vales compr
Tod@s aqueles que participen, entrarán no sorteo de 27 vales compra de 50€, un por cada CCA que participe na campaña, que se poderán gastar nos establecementos asociados.